O equipo de goberno lamenta que o BNG melidense sembre a confusión entre os veciños sobre o futuro da piscina.
- A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez considera inadmisible que o pobo amencera empapelado con información falsa sobre a piscina municipal, a pesares de ter informado previamente aos voceiros do BNG e do PSOE sobre o asunto.
- O goberno local considera que a oposición esta sendo irresponsable cunha situación moi delicada para os melidenses que en grande medida propiciu o anterior goberno local ao non facer ningún control sobre a empresa adxudicataria e sobre a lamentable situación na que se encontra a infraestuctura, que puido provocar graves prexuizos de saúde para os usuarios.
Melide, 3 de marzo de 2012.- O goberno local de Melide insta á oposición a que colabore coa delicada situación dun servizo público e necesario como o é a piscina climatizada municipal para o pobo. De non ser así, pídelles que sexan minimamente responsables e non entorpezan as labores de técnicos e de equipo de goberno que de xeito laborioso e minuciosos están intentado solventar un problema herdado de gran embergadura. Lembrar que no ano 2007 a piscina tivo unha reposición de cuberta debido a un temporal que levou aparellada o cambio de conductos de climatización que a día de hoxe, cinco anos despois, están inservibles e en gran medida debido a falta de mantemento. Do que tamén é responsable o Concello nesa época por non facer as labores de inspección oportunas para que a piscina pondera seguir a día de hoxe funcionando. A consecuencia é que actualmente tanto informes internos como externos conclúen que unha vez analizada a instalación o mantemento da mesma é deficiente, a capacidade de deshumectacción está por debaixo do 50% por fallo de dous compresores, os filtros están sucios e na actualidade non se cumpre coa lexislación vixente na materia a pesares de que o continente adaptase debidamente as exixencias para tal edificación. Hai que destacar a inoperancia do circuíto de impulsión de aire para a zona de baño na planta baixa con perforacións que impiden un funcionamento mínimo correcto provocando así a corrosión por falta dun correcto matemento na deshumificación do aire a na ventilación. Ante tal punto de partida, o goberno local non pode facerse responsable da apertura da piscina en tal situación non podendo outorgar unhas garantías mínimas de salubridade para os usuarios. Se houbese unha boa xestión por parte do anterior goberno BNG-PSOE e se houbesen atallado os problemas a tempo co control e esixencia debida de garantías á empresa adxudicataria o equipo de goberno actual encabezado por Ánxeles Vázquez, non se vería obrigado a facer unha inversión de 123.000 € aproximadamente. A alcaldesa de Melide asegura que é un peche provisional e obrigado por unhas circunstancias álleas ao actual executivo melidense e que pola súa banda asegura que nun período de tempo moi curto e cando se teña garantizado as condicións mínimas esixidas para o bó funcionamento da piscina ésta abrirá as súas portas para que os usuarios poidan desfrutar da mesma con total seguridade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario