Fundación Araguaney . semana do Ovo no restaurante Caney

O Restaurante Caney organiza unha degustación para presentar a súa Semana Gastronómica do Ovo mailing_Huevo

Santiago de Compostela, Martes 6 de Marzo de 2012. O xoves 8 de Marzo ás 13,30 h, o Restaurante Caney presentará a Semana Gastronómica do Ovo ao público en xeral e aos medios de comunicación.

O equipo de cociña do Caney, con Pedro Lestón ao mando, mostrará algúns dos pratos a base de ovos que conforman a carta da semana gastronómica e invitará aos asistentes a degustar delicias de ovos de codorniz e bebidas a base de ovo. Trátase dunha iniciativa coa que o Caney pretende facer unha homenaxe a un dos alimentos básicos da nosa dieta, demostrando as diferentes formas que existen á hora de elaborar un menú co ovo como protagonista. A entrada a devandita presentación é libre e totalmente de balde.

SEMANA GASTRONÓMICA DO OVO (12 Ao 17 DE MARZO)

A semana Gastronómica do ovo é unha alternativa arriscada, á vez que tentadora, para todos os padais. E é que este é, sen dúbida, un dos alimentos máis populares e atractivos á hora dea comer. O Caney sábeo, e por iso decidiu facelo protagonista da semana do 12 ao 17 de Marzo, durante a que non só se engadirá unha nova carta á habitual con pratos específicos elaborados a base de ovos, senón que a atmosfera do restaurante decorarase con detalles relacionados con este produto.

O Caney ofrecerá unha carta especialmente creada para a semana en cuestión, con pratos tan apetecibles como unha bóla de pataca con ovo de codorniz e frita, acompañada con salsa de ovo frito; unha hamburguesa de boi á grella coroada por un revolto de ovos de oca con boletus e gratinada con queixo emmental; un lombo de abadexo en sabayón de cava con ovas de mar ou uns ovos de pascua de fino chocolate recheos de mousse de limón, mandarina e vainilla.

Ovos de oca, de ganso, de galiña, de avestruz, de emú ou ovas de ourizo son algúns dos tipos que os clientes do Caney poderán atoparse na carta durante os sete días dedicados ao ovo. A alternativa ideal para descubrir todas as variantes á hora de cociñar este alimento rico en proteínas.

Máis info en: www.caney.es

Ningún comentario: