A GARDERÍA DE BRIÓN ACOLLEU UN CONTACONTOS COA PARTICIPACIÓN DE PRETO DE 30 PEQUENOS
A autora do libro Rufino e as súas rufinadas foi a encargada de contar a historia aos pequenos do centro
6 de marzo de 2012.- No marco da actividade “Cóntame un conto e verás que content@”, a gardería de Brión acolleu esta mañá un acto moi especial: un contactontos a cargo da propia autora dun dos libros que os pequenos teñen na súa biblioteca de aula, Rufino e as súas rufinadas. A autora, Itos Lorenzo, acudía ilusionada ao encontro cos seus lectores máis novos en Brión. Foron en total 30 pequenos divididos en dous grupos os que puideron disfrutar da historia do dinosauro Rufino na súa busca de amigos e compaña.
Para a ocasión, o patio da gardería foi decorado con ilustracións que facían referencia ao conto, facendo que os nenos puideran seguir a historia de xeito máis ameno. Ao remate, os nenos e nenas da gardería ofrecéronlle a autora postais e debuxos como agasallo pola visita e en gratitude polo conto. A escritora amosábase moi satisfeita coa iniciativa e aínda quedou tempo suficiente para soplar as velas de aniversario dunha das pequenas, que estaba de cumpleanos. Itos Lorenzo escribiu a historia de Rufino cando o seu fillo era pequeno e, grazas a colaboración dos nenos de 3º de infantil do Colexio Bispo Guerra de Bertamiráns, que fixeron os debuxos, e a pais e profesores, o libro vía a luz en 2005 editado por 3C3Editores en colaboración co Concello de Ames.
A directora do centro, Dolores Campos, explicou que este tipo de iniciativas encándranse dentro da Biblioteca na Aula que puxeron en marcha nas aulas dos maiores neste segundo semestre. “O obxectivo é que os nenos traballen as habilidades lectoras e a comprensión, ao tempo que lles propomos unha serie de actividades que teñen que desenvolver en colaboración cos pais”, explica a directora. Neste sentido, Dolores Campos fixo fincapé na gran colaboración que teñen establecido cos pais, que achegaron xa un gran número de libros para que os máis pequenos poidan ir intercambiando entre eles o que permitirá que, ao final do curso, poidan ter lido un gran número de libros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario