Melide – os títulos da colección dos Padres Pasionistas comezan a por a dispor dos usuarios da biblioteca municipal

Xa están dispoñibles para os usuarios os primeiros 200 títulos da colección dos Padres Pasionistas na biblioteca municipal de Melide.

§ A Biblioteca Xosé Vázquez Pintor de Melide ven de realizar as tarefas de catalogalización oportunas co fin de que coa maior celeridade posible os usuarios poidan desfrutar dos fondos bibliográficos doados pola Congregación de Padres Pasionistas a esta entidade municipal.

§ Son 200 os volumen que xa poden consultar e ser obxecto de prestamo por parte dos lectores e usuarios da biblioteca. A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez maila concelleira de Cultura, Dolores Gómez valoran moi positivamente a rapidez con que están sendo clasificados os volumes ademáis de resaltar unha vez máis o seu agradecemento á congregación relixiosa pola doazón duns fondos que conteñen un elevado valor histórico e literario.

Melide, 5 de marzo de 2012.- Xa poden consultarse máis de 200 títulos da colección doada polos Padres Pasionistas na biblioteca municipal de Melide froito dos traballos de catalogación que se están a levar por parte de persoal técnico municipal. A importancia desta colección non é só polo elevado número de volumes que posúe senón en que recolle títulos que van dende o 2012 até o ano 1900, o que vai contribuír a aumentar sen dúbida os usuarios do préstamo, investigación ou consulta. A biblioteca está a experimentar un proceso de ampliación en dúas salas, unha delas adicada ao importante legado dos Padres Pasionistas, co fin de que ditos fondos dispoñan dunha clasificación e depósito privilexiado polo seu valor cultural e histórico. Prévese que os traballos de catalogado e clasificado de todo o fondo esteñan rematados a finais de 2012 e a principios de 2013 poidan estar na súa totalidade a disposición de lectores e investigadores. Son xa 3400 veciños e veciñas da comarca inscritos no servizo de préstamo da biblioteca municipal procedentes na súa maioría de Melide e dos distintos concellos da comarca como son Santiso, Toques, Boimorto, Sobrado e incluso Palas de Rei que utilizaron o servizo de préstamo nun total de 10.096 volumes a domicilio. Por outra banda, as consultas na rede ao catálogo desta biblioteca contificanse en 410.920. Neste ano 2012 a biblioteca Xosé Vázquez Pintor cumpre 35 anos da súa creación e funcionamento como biblioteca pública municipal de Melide. Ao longo destas tres decadas foi incrementado os seus fondos até conseguir un volume considerable e albergar verdadeiras xoias literarias; sen dúbida, recibir os fondos e outros documentos da Biblioteca dos Padres Pasionistas de Melide é o mellor agasallo para este triseximo quinto aniversario.

Ningún comentario: