| Sábado 10
12.30 h Na Galería Sargadelos, celebración do primeiro dos Concertos dirixidos ás familias compostelás “OS CANTOS DO PAÍS DO XEO”, que a Concellería de Educación organiza a través da Escola Municipal de Música. 17.00 h Na praza Roxa, obradoiro de creación de broches cunha temática relacionada co Día da Muller. O taller está destinado a un público infantil, acompañado dos seus pais e nais. 21.00 h No Teatro Principal, 'Chamada desde o máis alá' de Fusa Guillén dirixida por Lúa Testa nunha produción de Vilano Producións. Con Maite da Costa, Helga Méndez, Carlos Basoa e Fusa Guillén. 22.00 h Na Sala Moon (República Arxentina, 25), actuación dos grupos Vizarros e Vicky Polard, dentro do festival 'MusiCompostela', actividade enmarcada no Plan de Acción Local na Prevención de Drogodependencias. | SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL (Desde as 08:00 h do día 8 ata as 08:00 h do día 9 de marzo). ACCIDENTES Nas últimas 24 horas o Equipo de Atestados da Policía Local rexistrou DOUS accidentes na cidade:
CONTROIS Identifícase a varios mozos que se atopaban consumindo bebidas na vía pública na rúa Marques de Sargadelos e na rúa das Ameas. |
Santiago – axenda sábado 10 e actuacións da policía local
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario