Felipe García Calvo, elixido responsábel local do BNG de Santa Comba
Santa Comba, 7 de Marzo de 2011. O BNG de Santa Comba celebrou Asemblea Local, e cumprindo cos mandatos da XIII Asemblea Nacional, tivo lugar a elección do Responsábel e Vicerresponsábel Local do BNG na localidade. Foron eleitos por unanimidade Filipe García Calvo e Rafael Vilariño Suarez como responsábel e vicerresponsábel respectivamente.
Dentro da Asemblea local tamén se acordou:
- Instar ao goberno municipal de Santa Comba a que se manifeste publicamente contrario a iniciar coa gardería municipal un proceso que conleve a privatización da xestión ou da explotación da gardería pública municipal. E que adquira o firme compromiso perante a cidadanía de non incrementar as taxas alén do incremento que anualmente se produza no índice de prezos ao consumo a nivel estatal (I.P.C.)
- Levar a cabo campaña informativa no Concello facendo un chamamento a todos os veciños e veciñas de Santa Comba para que se mobilicen en contra da reforma laboral e as políticas antisociais do Goberno do Partido Popular, con reparto de información o vindeiro Luns 12 de Marzo durante a celebración da feira.
- Apoiar as mobilizacións reivindicativas dos dereitos das mulleres convocadas para o 8 e o 11 de Marzo polas organizacións feministas actuantes na Galiza
Ningún comentario:
Publicar un comentario