| Comeza o curso de iniciación a Windows e Writer que se imparte na aula de informática do Milladoiro con 22 participantes O obradoiro consta de 40 horas lectivas e desenvolverase ata o día 30 de marzo. Impártese en dúas quendas, unha de mañá de 10:00 h a 12:00 horas, e outra de tarde de 19:00 h a 21:00 horas. Este curso encádrase nun conxunto máis amplo de iniciativas que leva a cabo anualmente a Aula de Informática do Milladoiro coas que se pretende a alfabetización dixital da veciñanza nun mundo cada vez máis tecnolóxico. Ames, 5 de marzo de 2012. A Aula de informática do Milladoiro acolle un curso de iniciación ao sistema operativo Windows e ao procesador de textos Writer, que consta de 40 horas lectivas, e que se desenvolverá ata o día 30 de marzo. No obradoiro participan 22 persoas que asisten en dous grupos, un de mañá de 10:00 h a 12:00 horas, e outro de tarde de 19:00 h a 21:00 horas. Este curso enmárcase dentro das iniciativas que o Concello pon en marcha para que a veciñanza amiense teña a oportunidade de mellorar os seus coñecementos de informática. As novas tecnoloxías forman parte do día a día e cada día é máis preciso saber manexar un computador ou navegar por internet. A Aula de Informática do Milladoiro puxo en marcha un curso de iniciación ao sistema operativo Windows e ao procesador de textos Writer, para que a veciñanza do concello poida aprender a desempeñarse con estas dúas ferramentas case imprescindíbeis hoxe en día. No curso participan 22 persoas que de distribúen en dúas quendas, unha de mañá e outra de tarde, en horario de 10:00 h. a 12:00 horas e de 19:00 h. a 21:00 horas todos os días da semana. O curso desenvolverase ata o día 30 de marzo. As xornadas oriéntanse a persoas maiores de 18 anos. Entre os 22 participantes hai xente de todas as idades. No grupo de mañá inscribíronse un gran número de persoas maiores de 50 anos que xa participaron en obradoiros anteriores organizados pola aula de informática do Milladoiro como o curso de iniciación á internet. Moitas persoas asisten ao curso en horario de mañá aproveitando o tempo que os seus fillos pasan diariamente na escola. Outras persoas elixen o horario de tarde para compatibilizar este curso formativo co seu traballo. Ademais, a aula de informática pon a disposición dos usuarios/as da sala varios programas de mecanografía. Os interesados en aprender a escribir con soltura nun teclado dun computador deben dirixirse á responsable da aula que lle informará ao respecto. Para resolver calquera outra dúbida ou pregunta, poden comunicarse a través do teléfono 981 535 940 ou vía correo electrónico escribindo a informatica.milladoiro@concellodeames.org. | O Concello de Ames recibe definitivamente as obras de acondicionamento do contorno da piscina cuberta municipal A Telleira e do parque do río Ameneiral A recepción oficial destes traballos permite agora desbloquear a situación dunhas 200 vivendas da urbanización do río Ameneiral. Os afectados poden solicitar xa a licenza de primeira ocupación para regularizar o subministro de luz e auga e para beneficiarse de todos os servizos municipais aos que teñen dereito. No caso da piscina cuberta municipal A Telleira, a recepción das obras do contorno, onde se ubican a instalación deportiva, varias áreas de xogo e a parcela da futura Casa Consistorial, pon fin a seis anos de demora. Ames, 5 de marzo de 2012. O alcalde de Ames, Santiago Amor, formalizou hoxe xunto aos responsables da empresa Beirasar de Xestión e da Xunta de Compensación a recepción definitiva das obras de acondicionamento do contorno da piscina cuberta municipal A Telleira e do parque do río Ameneiral. No acto de sinatura estiveron presentes ademais o concelleiro de Persoal, Reforma Administrativa, Servizos e Urbanismo, Ramón García Argibay, o responsable de Vías, Obras, Parques e Xardíns, Alfredo Taboada, e a arquitecta municipal, Marta Bellas. A recepción oficial destes traballos é froito da axilización dos trámites administrativos impulsada nos últimos meses polo goberno municipal, o que permite agora regularizar a situación dunhas 200 vivendas da urbanización do río Ameneiral. Deste xeito, os afectados poderán solicitar xa a licenza de primeira ocupación, paso previo imprescindible para darse de alta no subministro da luz e da auga e para beneficiarse de todos os servizos municipais correspondentes. A recepción do parque do Ameneiral afecta a unha gran zona verde de 33.758 metros cadrados a ambas as dúas marxes do río, así como á apertura dun novo viario público e á ampliación do sector en 7.562 metros cadrados. Con esta recepción, O Concello de Ames pasa a facerse cargo do mantemento e limpeza das zonas verdes e do viario público de nova creación (inclúe gastos como a recollida de lixo, o pago da electricidade do alumeado ou a auga do rego). Nesta zona verde conservouse o arborado de ribeira preexistente, sobre todo no entorno inmediato ao cauce do río, e instaláronse tres áreas de xogos infantís. Unha rede de sendeiros peonís discorren entre o céspede e cruzan a través de tres pontes peonís o cauce do río. O parque dispón ademais de atractivos elementos de mobiliario urbano como bancos, papeleiras ou fontes. Conta con sistema de rego por aspersión automatizado e reduciuse o fluxo do alumeado (luminarias, focos insertados no trazado dos sendeiros e proxectores que alumean un gran espacio central propicio para que os nenos fagan deporte). Nesta actuación, reubicouse un hórreo preexistente e rehabilitouse o lavadoiro baixo unha das pontes. Ademais, sinálanse de forma sutil os cambios de pavimento nos antigos sendeiros da zona. Na marxe sur do parque, acóllese un espazo deportivo de voleibol e prevese unha área para futuro desenvolvemento de actividades formativas. Respecto ao viario público, hai que sinalar que a través do acondicionamento e ampliación da rúa Rueiro e da rúa Arrucheiro enlázase a travesía da Peregrina coa rúa de Agriñas. Ábrese unha vía nova que, a través dunha ponte rodada e peonil, conecta a rúa Arrucheiro coa rúa do Pedregal completando o espazo dunha gran rotonda, que será acondicionada proximamente no punto en que conflúen tamén a travesía do Pedregal e a rúa Poeta da Maía. Recepción do contorno da piscina A recepción do contorno da piscina municipal cuberta A Telleira pecha o expediente iniciado en 2003 e pon fin a seis anos de demora neste trámite. Os traballos que hoxe se reciben refírense a ampliación da rúa da Telleira e ao axardinamento dos exteriores do edificio da instalación deportiva, ademais dos accesos e a dotación da zona cos servizos urbanos necesarios, como as beirarrúas, o alumeado e as canalizacións. Inclúe varias áreas de xogos e a parcela da futura casa consistorial (acondicionada provisionalmente como aparcadoiro). |
Ames – comeza un curso de windows /recepción do parque do Ameneiral
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario