As máquinas da Mancomunidade de Deza realizarán obras no Concello de Silleda ao longo deste mes
- Neste momento están acondicionando o campo da festa de Ponte, e a Concellaría de Obras, que dirixe Manuel Cuíña, ten previsto facer outros arranxos pendentes en vías
Silleda, 7 de marzo de 2012
Ao longo deste mes, as máquinas da Mancomunidade de Deza estarán no Concello de Silleda. Actualmente, están a usarse para levar a cabo o acondicionamento do campo da festa da parroquia de Ponte, onde está previsto facer unha labor de nivelado no chan do mesmo, para logo poder proceder a dotalo de zahorra.
O Concelleiro de Obras, Manuel Cuíña, ten previsto empregar as máquinas neste prazo en que corresponden a este municipio, para levar a cabo arranxos pendentes en pistas ou vías de comunicación que precisen de atención.
Á Mancomunidade de Deza, que conta con catro máquinas que son unha motoniveladora, unha excavadora mixta, un pisón e un camión, pertencen todos os concellos da comarca, agás Dozón. O tempo que lle corresponde de empregalas a cada un, depende da cuota que pague –xa asignada– así coma polo tamaño do municipio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario