Sumicóns rexeitou todas as propostas de negociación e as súas reclamacións sempre foron feitas un mes antes dos cambios de goberno
A Alcaldesa acúsaos de ser axentes do PP para evitar así que o portavoz do grupo teña que facer declaracións
Silleda, 2 de marzo de 2012
Dende o Concello de Silleda queren deixarse claras varias cuestións en relación ao tema de Sumicóns González, e clarificar varios puntos da nota que a empresa de materiales de construcción enviou onte aos medios.
En primeiro lugar, cabe dicir que o Concello de Silleda intentou negociar o pago da débeda con Sumicóns González S.L. con posibilidades reais de chegar a un acordo en dúas ocasións. A primeira delas foi no ano 2008, cando, ao igual que a outras moitas empresas locais, se lle ofreceu participar no proceso de pagos que se fixeran ese ano propoñéndolle unha quita do 20% da débeda, “sendo esta, a única empresa trasdezá a que rexeitou a proposta” e por segunda vez, cando e empresa non solicitou a inclusión das súa débeda no confirming do Plan E porque lle supoñía unha quita dun 15 % da súa débeda e prefireu seguir pola via xudicial. “Este esforzo económico do confirming axudounos a aforrar 90.000 euros, cantidade similar á que lle temos que pagar a Sumicons” di a Alcaldesa.
En segundo lugar , a empresa afirma que a primeira medida de reclamación xudicial de Sumicóns ao Concello, data do ano 2007, cando nese ano somentes presentaron unha reclamación no Concello o 18 de maio, apenas un mes antes das eleccións nas que Vieitez deixou a Alcaldía, o para que e PP lles firmase, antes do sufraxio, unhas facturas para logo reclamalas no xuzgado se había cambio de goberno.
Asemade, cando se refire a que executaron a sentencia en época de Ofelia Rey, cabe destacar que o fixeron con data de 4 de abril de 2011, tamén a un mes das eleccións, curiosamente.
A empresa, nega tamén ter solicitado a imposicións de multas á Alcaldesa, cando na reclamación directa presentada no Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Pontevedra, con data de 14 de febreiro de 2012 pídelle ao xuez, textualmente, que debe “(…) advertir a los responsables municipales de la imposición de las medidas recogidas en el art. 112 LJCA de no satisfacer el importe adecuado”.
O artigo ao que se fai referencia neste escrito pertence á lei reguladora da jurisdicción contencioso-administrativa que di:
Artigo 112
Transcorridos os prazos sinalados para o total cumprimento do fallo, o xuez ou tribunal adoptará, previa audiencia das partes, as medidas necesarias para lograr a efectividade do mandado.
Singularmente, acreditada a súa responsabilidade, previo apercebemento do Secretario xudicial notificado persoalmente para a formunlación de alegacións, o Xuez da Sala poderán:
a) Impoñer multas coercitivas de cento ciuncuenta mil cincocentos euros ás autoridades, funcionarios ou axentes que incumplan os requerimentos do Xuzgado ou da Sala, así coma reiterar estas multas ata a completa execución do fallo xudicial, sen prexuizo doutras responsabilidades patrimoniais a que houbese lugar. Á imposición destas multas seralles aplicable o previsto no artigo 48.
b) Deducir o oportuno testemuño de particulares para esixir a responsabilidade penal que poidera corresponder.
Polo que, non só se solicitou a imposición de multas a rexidora sobre o seu patrimonio senón que tamén se lle esixe responsabilidade penal de non facer o pago, “algo que me parece demencial; esas multas nin sequera serven para pagar a débeda, só para danar o meu patrimonio. Iso é mala fe”
Sorprende tamén o dato que aporta a propia empresa de que o pagamento entre os anos 2001 e 2005 fora para máis de 1.400 albaráns por un total de 81.780,08€ cando no mesmo periodo anterior –de 1.996 a 2001- a cantidade facturada non chegara nin á metade desta cifra “cando todo o Concello sabe que Sumicóns foi sempre un provedor habitual”, e continúa a rexidora “un dato bastante clarificador como para dubidar da veracidade da totalidade das facturas”.
Enmarca a resposta da empresa nunha estratexia popular “Fan de axentes do PP. Coas súas declaracións o PP, pode seguir facendo demagoxia telefónica evitando ter que mollarse con este tema” por iso a Alcaldesa di de novo que “Esixo ao líder do PP local que sexa el quen opine sobre estes pagos e que deixe de esconderse”. E afirma a Alcaldesa, que “é incrible que se nos cuestione por parte da empresa á que pagamos e que o PP, que foi quen creou a débeda, cale”.
Facturas telefónica
Coa intención de finalizar dunha vez por todas co tema das facturas telefónicas, o Concello de Silleda aporta á prensa os documentos precisos nos que se fundamentan os datos aportados aos medios noutras notas.
En primeiro lugar, adxuntámoslles a última factura da lexislatura de Ofelia Rey (maio de 2011) , e a última deste goberno (febreiro de 2012) para que vostedes mesmos poidan xulgar o consumo. Asemade, tamén se lles envía un documento comparativo no que se plantexan os gastos de telefonía móbil dos actuales concelleiros, e os dos seus homónimos nun periodo similar.
Asemade, indica que ademais da efectiva contención no gasto telefónico que acreditan os datos adxuntos, cabe salientar que dende decembro do ano pasado a tarificación mensual dos móviles ten un desconto medio dun 57 % no consumo, fronte ao anterior 35% de desconto que xa fora negociado por paula Fernandez no ano 2007 “asi e como se fai xestión, así que pídolle que non amolen mais con tonterías para poder traballar en cousas importantes para Silleda” remata a Alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena,
Ningún comentario:
Publicar un comentario