‘Smart’ clown de Antón Coucheiro en Santiago

18/5/2016 / Unha comedia en torno a un teléfono móbil a partir das 20.30h no Teatro Principal 
Smart Clown ou como un teléfono intelixente pode converterte nun idiota. É unha comedia sen palabras arredor do mundo das aplicacións móbiles. Onde a óptica absurda do clown entra de cheo na era dixital. Unha sátira social sobre o noso comportamento fronte a tecnoloxía.

Tres pallasas adictas ao seu smartphone acoden a unha convocatoria para probar unha nova e misteriosa aplicación. Apegadas aos seus teléfonos, entran en pánico cando quedan sen eles, pero despois terán que aprender a relacionarse de novo analoxicamente. Unha historia de descubrimento e de amizade, nunha época de máxima conectividade coa rede e absoluta desconexión no persoal.

Redes sociais, paos de selfie, soños de apps, zonas sen WiFi, coros de ringtones, cubos táctiles, habitacións feitas con vídeomaping, diálogos de emoticonos e pallasas. Benvidas a SMART, un universo delirante onde os teléfonos son máis intelixentes que as persoas.

Dramaturxia e dirección: Antón Coucheiro

Pallasadas: Natalia Outeiro, Marta Iglesias, Akira Valero

Luz e vídeomapping: Dani Pais

Son: Túlio Rosendo

Vestiario: Olalla Tesouro

Auxiliar produción e fotos: Eva Triñanes

Auxiliar produción: Alfonso Medina

Entrenamento vocal: Mónica de Nut

Vídeo: Vemo.tv

Distribución: Culturactiva

Xénero: Comedia xestual, clown

Ningún comentario: