![]() |
| 5 Estrellas |
No día de onte celebrouse a competición de categoría alevín. O campión foi 5 Estrelas e o subcampión Santiago Futsal-Pablo Mel.
16/5/2016 - A III Edición da Cidade do Futsal puxo o punto final tras a celebración da competición da categoría alevín na que participaron 30 equipos de toda a comarca. Despois dunha mañá de emoción e, mesmo, algunha que outra bágoa, a competición deparou unha final entre os equipos 5 Estrelas e Santiago Futsal-Pablo Mel, na que se impuxo o 5 Estrelas.
![]() |
| Santiago Futsal-Pablo Mel |
Pero máis aló dos resultados, o torneo A Cidade do Futsal volveu a destacar pola multitudinaria participación dos xogadores de fútbol sala basee. Máis de 3000 persoas visitaron ao longo do fin de semana o Recinto Feiral de Amio, lugar de celebración do evento.
Grazas á colaboración de todos os voluntarios, así como dos principais colaboradores Viaqua e Concello de Santiago de Compostela, A Cidade do Futsal volveu a ser un éxito de convocatoria.


Ningún comentario:
Publicar un comentario