A II Mostra de Cans de Caza Terra de Melide arrincará este domingo

21/5/2016 - A partires das 10.00 h no Palacio de congresos e exposición de Melide terá lugar a II Mostra de Cans de Caza Terra de Melide. Nesta edición tamén se vinculará a práctica deste deporte coa gastronomía do medio rural da man dun cociñeiro de élite, membro do Grupo Nove, Héctor López. 
Melide bulirá de actividade de novo este fin de semana coa II Mostra de Cans de Caza Terra de Melide que encherá o Palacio de congresos e Exposicións cunha mostra expositiva aproximada de 1.200 exemplares. Polo tanto, sinala o organizador da mostra, Tono Romero, cudriplicase o número de exemplares respecto da primeira edición do 2015, dando pé a participación ano a ano de cada vez máis cans e de máis calidade, diversidade morfolóxica e das diferentes razas.

Por outra banda, estarán presentes cans de rastro e caza maior e menor, xabarín e grandes canino convidados a asistir a este acontecemento como o canil soñar ou o canil dosibal, peña arcea…etc, entre moitos outros. Asi mesmo, a esta cita achegánse exemplares das catro provincias galegas así como do Norte de España, onde destaca a presenza de participantes de León ou de Asturias.

Nesta edición a innovación no eido gastronómico é fundamental, polo que se optou por unha masterclass que terá lugar horas antes (11.30 h) na Unidade de Acción Formativa de Melide (a escasos metros do Palacio de Congresos, ao lado do Centro Médico da vila) onde un gran espada da cociña galega, Héctor Lopez, membro do Grupo Nove participará nunha clase maxistral con degustación gratuíta para todos os públicos, e todos aqueles veciños e veciñas, visitantes, que queiran achegarse. 

Posteriormente, no espiritú de vincular a gastronomía de calidade cunha calidade cinexética suprema, no palacio de congresos, se organizará unha degustación gratuíta para todos os asistentes de Fabas de Lourenzá con unha albóndiga de xabarín facendo gala dos productos de alta calidade da cociña galega. A apertura do recinto feiral está prevista a partires das 10.00 h da mañá, e a entrega de premios a mellor camada, a mellor reala, a mellor gaiola e aos mellores cachorros se ten previsto a partires das 13.00 h.

Ningún comentario: