Texto integro da Plataforma Queremos Galego polo Día das Letras Galegas

Obrigado por estardes aquí, especialmente aos centos de persoas voluntarias que contribuíron estes días, e hoxe mesmo, á participación masiva nesta manifestación. Son exemplo de activismo e esforzo para que o idioma viva. 

Xuntámonos hoxe, coa presenza viva da voz e da palabra de Manuel María, como tantos outros 17 de maio,en irmandade, como hai cen anosas Irmandades da Fala na Coruña, reclamando o mesmo: plena presenza e dereito de uso para a nosa lingua,con todas as obrigas necesarias para garantilo. 

As irmandades da fala do século XXI somos nós, recuperando para a nosa lingua os espazos que nunca debeu perder, saltando todas as barreiras que nos impoñen!

O centenario das irmandades lémbranos que ningún paso a favor do galego veu da xenerosidade de ninguén, só dos esforzos do pobo galego para se facer valer, levantando vetos para a lingua, como fixo hai 50 anos, coa primeira aula de galego, na universidade de Santiago, o profesor Carvalho Calero en condicións moi precarias, coa mesma testemuñalidade á que levarían hoxe ao galego se non estivésemos aquí para llelo impedir.

Temos lingua propia e queremos vivir nela. Non é un capricho, é unha necesidade. Que pobo non precisa de se expresar utilizando todos os mecanismos para o facer? Que pobo non precisa o seu idioma para se desenvolver con dignidade en todos os ámbitos? Que mellor maneira de se expresar que na lingua creada para satisfacer as propias necesidades? 

Non é casualidade que o empobrecemento económico, social e cultural dos pobos vaia ligado á proscrición e exclusión da lingua propia. 

O galego une, só hai que ollar esta praza. Pode haber convocatoria máis ampla, diversa e plural en todo que esta? Miles de persoas,centos de colectivos en Queremos Galego, con diferentesobxectivos, pensamentos e inquietudes, unidos na defensa da lingua común, a que fixemos galegas e galegos de diferentes épocas, ideoloxías e condicións, a que mellor di, na que mellor se escoita e se ve o que somos e o que queremos ser.

Na causa do galego só sobran os queren dividir, sementando prexuízos seculares contra Galiza e o seu idioma, con decretazos e sentenzas de odio. Os que tentan pór pedras no camiño da lingua, como expresión perfecta da nosa dignidade colectiva.Os que noutros anos quixeron impedir que esta manifestación se celebrase e non dubidaron en mentir, manipular e multar,utilizando a policía e o ministerio de interior.

Aquí estamos, en unión,para que vivir en galego no século XXI sexa tan doado e tan normal como facelo noutro país na súa lingua.

Reclamamos para o noso idioma estatus xurídico de lingua plena con dereitos e deberes, o mesmo que a Constitución lle recoñece ao español. Non queremos nin unha máis das 499 disposicións legais que obrigan ou amparan o uso do español, mais tamén non queremos nin unha menos, nin a eterna condición de que non se cumpran, para as poucas que, no mellor dos casos, consenten o noso idioma: a nosa creación común máis grande e poderosa, en palabras de Manuel María.

Non queremos un pouco de dereito a utilizar o galego, querémolo todo!

Queremos vivir en galego con liberdade absoluta, sen que caia sobre o nós o estigma, o desprezo e a arrogancia por facer visíbel e audíbel o que somos: galegas e galegos. 

O noso idioma non poder ser tratado legalmente como un elemento decorativo e prescindíbel-sempre e cando se manter ao abeiro do castelán-, subordinado, sen posibilidade de igualdade, ou seguindo a Mariano Raxoi, como unha lingua respectábel mais inútil. 



Vivir en galego non é un capricho irracional que nos consenten e que hai que abandonar ao entrar no xulgado, ao nos dirixir a unha empresa de servizos privatizados, ou a calquera servizo de atención deslocalizado, ao irmos ao cinema, ao prendermos a radio ou a televisión, ao lermos o xornal, ao cubrir un impreso en facenda, ao ir traballar, ou ao iren as nosas fillas e fillos a un campamento. Vivir en galego, na nosa nación, é un dereito humano fundamental, cunha única diferenza a respecto de outros pobos:cada pequeno paso témolo que conquistar.

Cómpren agora mudanzas lexislativas que impidan que gobernos como o actual decreten a desaparición do galego da educación infantil, onde nin materiais didácticos hai, ou o tope do 33%, ou a prohibición para as materias da área científico-técnica. Fíxose contra a opinión maioritaria da sociedade e da comunidade educativa expresada nos sindicatos, ANPAS, organizacións estudantís, movementos de renovación pedagóxica e organismos consultivos. 

A nosa voz cruzou fronteiras e repetiullo hai un par de meses o Comité de expertos da Carta Europea das Linguas e o Comité de Ministros do Consello de Europa: señor Feixó, a introdución doutras linguas no ensino non pode servir para excluír a propia! Hai un clamor unánime nacional e internacional, o decretazo contra o galego está morto. Só falta quen asine o certificado de defunción. Ou é Feixo agora ou será quen veña.

Non lles pareceu suficiente a campaña, amparada por Feixó e executada desde a Xunta, de cultivo do odio e dos prexuízos contra o galego e agora quérena resucitar utilizando o aparato xudicial contra acordos arrincados pola mobilización social.Acordosnacionaiscomo a Lei de Normalización de Lingüística, a Lei de uso do galego como lingua oficial de Galizapolas entidades locais,ou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega e internacionais como a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos ou a Carta Europea das Linguas. Todos eles foron avances conquistados polo pobo galego, e todos ratificados por todos os partidos de Galiza, incluído o Partido Popular na Declaración de Unidade a prol da normalización da lingua galega, o 15 de xullo de 2015,impulsadapola Mesa e actuando organizaciónssociais como testemuñas.

Acordos democráticos reiteradamente incumpridos por falta absoluta de vontade e que preventivamente condenaunhasentenzadoTSXG que cuestiona o recoñecemento do galego como a lingua propia de Galiza e baleiraaíndamáis axa escasa oficialidade. Retoma a campaña sectaria -rexurdida en Ferrol e levada a Cee-, contra a ordenanza de uso do galego en Lugo, por recoñecer o dereito efectivo, non só aparente, a utilizar o galego diante da administración municipal ou empresas que prestan servizos privatizados. Garantíaque nunca máis ninguén recibiría como resposta nun servizo privatizado de recadación tributaria, ou na piscina, ou na escola municipal, o xa clásico “o me habla castellano o no le atiendo”.

O TSXG cruzou a porta contra o galego que Feixó abriu. El é o responsábel de pechala, e nós de actuar e mobilizarnos para que o faga.

Activen as máis de 400 medidas que contempla o PXNLG, comezandopolas 6 máisurxentes!



- Impulso ao papel normalizador da CRTVG, para que a lingua, a música, a literatura, a escena, o audiovisual e os temas de Galiza, incluídos debates plurais, deixen de estar, cando están, condenados a horarios marxinais e intempestivos.

- Ensino en galego, en todas as etapas educativas,derrogación do decretazo, e a garantía pública de oferta para o lecer infantil e xuvenil en galego.

- Administración en galego. Con oferta positiva, con opción na administración electrónica e programas informáticos, e en todos os impresos, na administración galega ou estatal.

- Transporte público con respecto pola toponimia real, con sinalización, locucións e información en galego.

- Convenio coa RTP, para garantir a recepción mutua do sinal televisivo entre Galiza e Portugal.

- Axudas e subvencións públicas condicionadasá utilización práctica e efectiva da lingua galega. 

As seis teñen o aval do parlamento, as seis son aplicábeis mañá mesmo sen ningún custe, con moitos beneficios para Galiza.Só precisan vontade e compromiso! O de introducilas nos programas electorais de todos os partidos e que a mobilización social a favor do galego teña resultado na acción do novo gobernó que virá en outubro.Queremos un novogoberno a favor do galego!

A situación do galego non é irremediábel, non somos un pobo condenado a desaparecer. Pódese reverter, estamos dispostas e dispostos ao facerea Xunta ten que actuar.

Miles e miles de persoas falan galego e só atopan problemas para o facer con normalidade. Miles e miles, especialmente na mocidade, non o falan mais teñen vontade de se reapropiaren do idioma e o farían de non seren vítimas dosatrancos de todo tipo que teñen que vencer, comezando pola ausencia clamorosa en case todos os espazos de socialización.

Para parar definitivamente a campaña de odio ao galego, para consolidar os pequenos pasos que demos e impulsar os que teñen que vir precisamos un novo esforzo. 

Un esforzo para visibilizare frear todas as agresións e todos os os desprezos, para oscombater mellor con apoio e solidariedade mútuas.

Un esforzo para activarnos e modificar actitudes, e as institucións e lexislación que as amparan, asociándonos ao galego na Mesa pola Normalización Lingüística, que ten as portas abertas a quen ama o galego, ou en calquera colectivo disposto a facer valer e respectar a nosa lingua sexa onde for. 

Apoiando quen nos apoia e o fai visíbel a través da lingua, parabenizando e difundindo o traballo de empresas e colectivos que, con todos os impedimentos, utilizan o galego.

Precisamos impulsar máis a rehabilitación e reposición do galego onde non está. Ninguén o vai facer por nós.



O idioma é a vida, o pasado, o presente e sobre todo o futuro de Galiza, por iso temos que berrar máis alto e máis forte cada día: Queremos Galego!

Ningún comentario: