15/5/2016 - O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, xunto coa concelleira de Deportes, Ana Luisa González, fixeron entrega a cinco clubes de fútbol do municipio do material doado pola Deputación de Pontevedra mediante unha convocatoria feita pola entidade provincial a tal efecto.
A esta concesión, disposta para clubes federados de municipios da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes, concorreron os de fútbol de Lamela e Laro, así coma as Sociedades Deportivas de Silleda e Bandeira e a Escola de Fútbol de Silleda.
Así, na mañá de hoxe as entidades deportivas recolleron 140 balóns de fútbol, 25 balóns de fútbol sala, 50 bandas elásticas, 100 conos, 50 cordas de salto para ximnasia, 115 esteiras, 230 petos, 70 picas, 8 redes de fútbol, e 4 redes de fútbol sala.
Con esta iniciativa, a institución provincial apoia ás asociacións e clubs deportivos que traballan na promoción e o fomento do deporte base cun noivo modelo no que os concellos son partícipes canalizando o reparto de material.
Esta convocatoria está previsto que se repita de novo para outras disciplinas deportivas, de xeito que, coa colaboración entre ambas administracións se axude aos clubes da provincia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario