Amosando publicacións coa etiqueta XADREZ OROSO b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta XADREZ OROSO b>. Amosar todas as publicacións
Xadréz Oroso - Martín Pena Varela, obtivo o bronce no Campionato Galego
o xogador do Club Xadrez Oroso, Martín Pena Varela, obtivo o bronce no Campionato Galego de Xadrez 2016 que se celebrou en Viveiro (Lugo) dende o sábado día 6.
O local que albergou a competición foi o Hotel Thalasso Las Sirenas. Un marco espectacular para unha competición espectacular na que estiveron presentes os mellores xogadores da categoría e na que o podium non se decideu ata a derradeira ronda.
Martín, xogou un fantástico campionato e quedou empatado a puntos co subcampión galego.
Só perdeu a segunda ronda das oito desputadas, debido probablemente ao alborotado ambiente nesa ronda na sala de xogo que non permitía unha boa concentración dos xogadores/as, e que logo xa se foi calmando na rondas seguintes.
Recuperouse desa dolorosa derrota e incluso consigueu empatar na partida na que se enfrentou ao que logo sería campión galego.
Máis información na web: https://info64.org/campionato-galego-sub-14-2016/standings
Xadréz Oroso - Bo resultado no campionato provincial
O Club Xadrez Oroso informa que nesta fin de semana disputáronse os Campionatos Provinciais de Xadrez.
Nesta ocasión participamos con xogadores en todas as categorías.
Todos os nosos xogadores/as fixeron un gran traballo, pero destacamos o Campionato Feminino acadado pola nosa xogadora Sara Míguez Pais na categoría Sub-16.
Máis información neste enlace: https://info64.org/ campionato-provincial-a- coruna-sub-16/standings
Xadréz Oroso - Seguen os éxitos de Martín Pena
O sábado día 26 de decembro celebrouse no antigo Liceo o Torneo de Nadal de Xadrez do Concello de Betanzos. http://www.tabladeflandes.com/pdf_global/nadal-betanzos-2015-2.pdf
O xogador do Club Xadrez Oroso, Martín Pena Varela, de tan só 13 anos proclamouse Campión na categoría Sub16 e a tan só medio punto do Subcampión da categoría adulta.
Xadréz Oroso - Martín Pena campión da categoría sub-14
O xogador do Club Xadrez Oroso, Martín Pena Varela de tan só 13 anos, proclamouse onte sábado día 19 de decembro Campión da súa categoría (Sub-14).
Pero o máis reseñable é que obtivo o bronce na categoría adulta e enfrentándose a xogadores con máis idade e máis nivel xadrecístico.
Martín derrotou aos dous xogadores que lideraban o ránking inicial deste torneo e só perdeu unha partida, das sete disputadas, contra o campión do torneo adulto debido aos apuros de tempo no remate desa partida.
Pódense consultar os datos do torneo no seguinte enlace: http://chess-results.com/tnr200442.aspx?lan=2&art=1&fed=ESP&wi=821
Xadrez oroso - II Torneo Xadrez Activo Oroso 2015
II Torneo de Xadrez Activo Oroso 2015(1ª Proba valedeira para o VIII CIRCUITO GALICIA CENTRAL)
Data: Sábado, 18 de abril de 2015
Local: Pavillón de Deportes de Oroso. A Coruña
Local: Pavillón de Deportes de Oroso. A Coruña
Sistema de xogo: Suizo a 6 rondas, a través do programa informático swiss-manager.
Ritmo de juego: 15 minutos finish.
Ritmo de juego: 15 minutos finish.
Horarios:
16:30 -> acreditación de xogadores
17:00 -> 1ª ronda
17:35 -> 2ª ronda
18:10 -> 3ª ronda
18:40 -> descanso
19:15 -> 4ª ronda
19:50 -> 5ª ronda
20:25 -> 6ª ronda
21:15 -> Entrega de medallas.
17:00 -> 1ª ronda
17:35 -> 2ª ronda
18:10 -> 3ª ronda
18:40 -> descanso
19:15 -> 4ª ronda
19:50 -> 5ª ronda
20:25 -> 6ª ronda
21:15 -> Entrega de medallas.
Inscricións: gratuíta e con cota (ver o punto 8 das bases), ata as 22 horas do venres 17-04-2015, enviando un correo a: escueladeajedrezlalin@gmail. com ou chamando o 670599301 (tamén whatsapp), indicando nome completo e os menores de idade, ademais, o seu ano de nacemento.
Patrocinan: Pontiñas CCO Gadis e Rest. Mirás.
Colaboran: Grupo GERIATROS e Concello de Oroso.
Organiza: Club de Xadrez Oroso e Escola de Xadrez Lalín.
Director: Juan Ramón Salgueiro Aguirre
Árbitro Principal: Juan Jesús Sanz Sixto
Patrocinan: Pontiñas CCO Gadis e Rest. Mirás.
Colaboran: Grupo GERIATROS e Concello de Oroso.
Organiza: Club de Xadrez Oroso e Escola de Xadrez Lalín.
Director: Juan Ramón Salgueiro Aguirre
Árbitro Principal: Juan Jesús Sanz Sixto
Xadréz Oroso - Carmen Míguez 5º no galego sub-12
A xogadora promesa do Clube de Xadrez Oroso, Carmen Míguez Pais, que participou no Campionato Galego sub-12, que se celebrou no hotel Scala de Padrón desde o sábado 28 ata o luns 30 pola tarde, acadou a quinta posición (empatada a puntos coa cuarta). Unha posición moi meritoria, xa que partia no posto 44 do ranking de un total de 68 participantes.
Tamén se está a desputar o Campionato do maiores no que participa o mestre da Escola de Xadrez de Oroso, Roberto Patiño, partindo cuarto no ránking inicial de 87 participantes. O galego absoluto rematará o próximo venres.
Xadréz Oroso - Éxito na clausura do Circuito Galicia Central
Éxito do Club Xadrez Oroso na clausura do Circuito Galicia Central de Xadrez 2014:
- Carmen Míguez Pais, Campiona Sub-14 no Torneo de Lalín e Campiona Sub-14 do Circuito Galicia Central.
- Sara Míguez Pais, Campiona Sub-18 no Torneo de Lalín e Campiona Sub-18 do Circuito Galicia Central.
- Martín Pena Varela, Campión Sub-14 no Torneo de Lalín e Sub-campión Sub-18 no Circuito Galicia Central.
A nivel colectivo o equipo rematou entre os 10 primeiros da clasificación xeral dun total de casi 60 de toda Galicia.
Con isto rematamos existosamente a tempada 2013-2014 e o próximo día 3 de outubro comenzamos a tempada 2014-2015 co inicio das clases de xadrez no Centro Deportivo de Sigüeiro.
- Carmen Míguez Pais, Campiona Sub-14 no Torneo de Lalín e Campiona Sub-14 do Circuito Galicia Central.
- Sara Míguez Pais, Campiona Sub-18 no Torneo de Lalín e Campiona Sub-18 do Circuito Galicia Central.
- Martín Pena Varela, Campión Sub-14 no Torneo de Lalín e Sub-campión Sub-18 no Circuito Galicia Central.
A nivel colectivo o equipo rematou entre os 10 primeiros da clasificación xeral dun total de casi 60 de toda Galicia.
Con isto rematamos existosamente a tempada 2013-2014 e o próximo día 3 de outubro comenzamos a tempada 2014-2015 co inicio das clases de xadrez no Centro Deportivo de Sigüeiro.
Club Axedréz Oroso - ültimos éxitos acadados polo equipo
Últimos éxitos do Clube Axedréz Oroso
O pasado sábado día 9 disputouse en Celanova a 7ª proba do Circuito Galicia Central de Xadrez 2014.
Desprazáronse 5 xogadores/as do noso Club.
A nosa xogadora, Sara Míguez Pais, acadou de novo o ouro na categoría de menos de 18 anos. Sara só coñece as súas participacións no Circuito por victorias.
O noso xogador, Martín Pena Varela (campión galego Sub-12 2014) acadou o subcampionato na categoría de menos de 18 anos). Disputou as súas partidas contra riváis adultos e tan só tivo dúas derrotas por culpa dos agobios de tempo no remate desas dúas partidas.
Por outra banda, a nosa xogadora, Carmen Míguez Pais, segue a demostrar que é a nosa gran promesa do Club Xadrez Oroso, quedando terceira (empatada coa segunda) na categoría Sub-12 e con tan só dúas derrotas.
A nivel colectivo, o Club Xadrez Oroso segue a situarse entre os 10 primeiros dun total de 54 equipos participantes.
Poden consultar a crónica oficial neste enlace web: http://www.tabladeflandes.com/galicia_central/galicia-central-2014/carlos-alfredo-celanova-ourense-2014.php
Como próximos retos, o Club Xadrez Oroso disputará na vila de Sada o Torneo San enRoque o vindeiro 16 de agosto.
E logo chegará a penúltima proba do Circuito Galicia Central de Xadrez en Chantada (Lugo) o sábado 23 de agosto.
Agardamos seguir colleitando éxitos e, sobre todo, disfrutando do deporte do xadrez cun montón de amigos/as en calquer punto da nosa comunidade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


