O programa arrancará dende primeira hora no pavillón Castelao II co seguinte cadro de encontros:
9 horas: Infantil - Melide B.
9:45 horas: Alevin - Melide B.
10:30 horas: Benxamín - Melide B.
11:15 horas: Prebenxamín - Melide B.
12 horas: Femenino - Melide B.
Xa a partir das 13 horas dará comezo a gran final da I Supercopa da Liga de Ordes, que desputarán o Mesón de Deus e o Alpa Ordes. Inmediatamente despois procederase coa entrega de trofeos e diplomas entre os gañadores e participantes.
A gran festa de clausura, que inclúe unha churrascada, está prevista para as 14 horas. Nela poderán participar tanto os socios como os que non o son previo pago, no caso destes últimos, de 10 €.
Para os pais, nais e xogadores de escolas deportivas o importe será de 5 €.

Ningún comentario:
Publicar un comentario