Roberto Sobrado presenta a súa nova banda na Casa das Crechas

19/5/2016 - Será hoxe xoves a partir das 9 da noite
Hoxe a Casa das Crechas acolle o concerto de Roberto Sobrado, que nos presentará a súa nova banda, que se reformula cun xiro máis roqueiro e minimalista. Dous músicos novos que imprimen o seu carácter na sección rítmica e dous clásicos á fronte. 

Ademais de repasar o seu último disco, Atlas de anatomía, estrearán 4 cancións que farán parte do próximo disco da banda e haberá un fin de festa con versións, cando menos, curiosas.

Roberto Sobrado cumpre 20 anos facendo cancións e conta xa con 4 discos de estudo, aos que une agora “Atlas de anatomía”. Nove temas novos de Roberto Sobrado, entre eles, un par de letras do poeta Jacobo Llamas e unha versión moi particular dun clásico. 

Un son Pop-Rock-Blues en galego onde, por momentos, a banda viaxa por fin ao lado escuro do rock: Unha volta arredor de si, rockeira, unha reivindicación “resentida”, un harakiri consciente pero non total ao cantautor que leva dentro. Sonoramente eclécticos (coma sempre) fártanse de facer chiscadelas reixianas, calamarianas, indie-beatles e incluso radioheadianas e suaves. Os textos retórcense buscando a metáfora asequible, o punto social, o escéptico, o surrealista e o amor.

Ningún comentario: