16/5/2016 - Os nenos e nenas do CEIP Castelao visitaron as instalacións da canceira municipal de Ordes.
A visita que se engloba dentro do programa educativo 'Un can, un amigo' desenvolvido conxuntamente por Casa Grande de Xanceda e a Asociación de Amigos da Canceira de Ordes Segunda Oportunidade.
Ademais de charlas e visitas aos centros escolares a dinámica de traballo inclúe o contacto directo cos exemplares que están acollidos no dito centro para a súa adopción. Con todo isto preténdese incidir na importancia do respecto e coidado dos animais e dos beneficios da adopción á hora de facerse cunha mascota.


Ningún comentario:
Publicar un comentario