Automoción do IES Nº1 de Ordes acada o 3º e 4º posto no concurso ‘Novos Técnicos en Automoción 2016’

21/5/2016 - É a terceira ocasión en que estudantes de Transporte e Mantemento de Vehículos, que se imparte no centro de formación profesional ordense, alcanzan a fase final neste concurso de carácter nacional no que compiten os mellores estudantes de ciclos formativos de toda España. 
A deste ano foi a XIII edición deste concurso organizado pola Fundación Comforp. 

Entre outros obxectivos perséguense a promoción dos estudios relacionados co transporte e mantemento de vehículos; potenciar a investigación, documentación e estudo no ámbito da FP; mellorar a calidade das ensinanzas, estimular aos estudantes e recoñecer o labor do profesorado de FP; potenciar a relación entre os centros educativos e empresas do sector; acadar puntos de encontro entre profesionais do mundo laboral, profesores e estudantes; promover o traballo en equipo complementando habilidades individuais ou a colaboración na actualización científico-técnica do profesorado.

Ningún comentario: