O xogador do Club Xadrez Oroso, Martín Pena Varela de tan só 14 anos, proclamouse Subcampión Galego 2016 de Xadrez Blitz na categoría Sub-18 disputado hoxe en FEXDEGA - Vilagarcía de Arousa.
Martín xogou o Campionato na categoría absoluta e sempre contra xogadores adultos. Foi un torneo duro pero Martín soubo xestionar ben o tempo de xogo.
O xadrez Blitz (tamén coñecido como relámpago ou lóstrego) é unha das modalidades de xadrez máis rápidas e espectaculares, xa que o tempo para cada xogador é de tan só 3 minutos (con un incremento de dous segundos por xogada). Con tan pouco tempo é imprescindible un bó coñecemento do xadrez pero tamén xestionar ese escaso tempo para tratar de darlle xaque mate ó rival.
Das 9 rondas disputadas, Martín perdeu só dúas (contra o Campión de España, David Lariño e contra o xogador da USC, Luís Medarde), empatou tres e gañou as catro restantes.
Empezou o torneo no posto 32 do ránking e acabou no 11 empatado co 10. Iso suponlle unha subida de ELO próxima ós 150 puntos nun só torneo (que é unha barbaridade) e situándose agora con 1850 puntos de ELO Internacional Blitz.
Todos os datos do torneo poden consultalos nesta web da Federación: https://info64.org/ii-campeonato-gallego-de-ajedrez-relampago/standings

Ningún comentario:
Publicar un comentario