21/5/2016 - A Big Band multidisciplinar de Improvisación dirixida por Omar Argentino pecha Imperdible, Festival Internacional de Impro de Galicia, este domingo as 20:30 no Auditorio de Galicia.O público asistente a un evento destas características queda impactado, non pode crer que sexa todo improvisación, que tantos artistas se poidan entender sobre o escenario. Participan The Momento Impro, Chévere, O Coro da Rá, Cisma Danza, etc.
E para pechar o Festival IMPERDIBLE, un broche de ouro: Unha orquestra multidisciplinar de improvisación. Xa que reivindicamos a impro coma xénero en tódalas artes, poñeremos en práctica esta linguaxe en común que compartimos todas as improvisadoras de tódalas disciplinas: o soundpainting.
O soundpainting é unha linguaxe universal de sinais creada por Walter Thompson en Nova York, en 1974 para a composición multidisciplinaria en vivo, interpretada por músicos, actores, bailaríns e artistas visuais.
A Compostela Big Band Impro xa se estreara en febreiro de 2016 baixo a batuta de Gonzalo Rodolico, e desta volta, OMAR ARGENTINO dirixirá unha orquestra improvisada de máis de 20 artistas composteláns, procedentes da compañía TheMomento Impro, de Chévere, do Coro da Rá, de Cisma Danza e doutros colectivos e agrupacións artísticas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario