18/5/2016 / Veciños de Buceleiras reclaman unha mínima atención a súa aldea, levan meses esperando resposta as súas demandas tras sufrir as inclemencias invernais por falla de mantemento.
Membros de Pacto X Ames estiveron cos veciños de Buceleiraspara comprobar o estado da zona. Sumidoiros que parecen macetas pola cantidade de maleza que crece neles e que están totalmente atascados, camiños e pistas con fochancas e cheo de herbas que crecen nas súas cunetas e laterais das estradas e malestar da veciñanza porque levan meses reclamando unha mínima atención do concello que non chega a pesar de que levan meses chamando por teléfono.
“Dende as primeiras chuvias do inverno estivemos sufrindo enchentas das pistas debido a que non se limparon os sumidoiros nin os laterais das pistas. Agora co bo tempo a maleza está brotando aínda con máis forza e dentro de pouco non se poderá pasar polos camiños, si volve a chover con forza, volverase a inundar” Estas foron algunhas ada queixas xeneralizadas da veciñanza de Buceleirasfartos de que non lle fixan caso nos últimos meses.
A indignación era xeneralizada porque algúns veciños levan chamando ao concello dende hai meses e non les fixeron nin caso.
Pacto X Ames levará o pleno do vindeiro día 26 estas e outras queixas veciñais, e reclamará do goberno tripartito unha actuación urxente nesta zona agora que o tempo o permite.
Dende a formación independente levase reclamando un plan de mantemento do rural durante anos, un plan que teña dotación orzamentaria propia e que se vaia desenvolvendo polas distintas parroquias de Ames de tal xeito que se coordinen as accións cos veciños e que evite cuestións, que como ás de Buceleiras, repítense no resto das parroquias.
As políticas no rural do tripartito son unha continuidade das políticas dos anteriores gobernos, improvisación e actuacións a salto de mata que reducen a efectividade. A falla de un orzamento para este tipo de actuacións, provocado en gran mediada pola prórroga orzamentaria de catro anos, segue a ser unha rémora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario