Ames, 22/06/2016 - Pacto X Ames acaba de solicitar mediante rexistro de entrada no concello nº 6876, información sobre a tan ansiada dotación sanitaria. No escrito solicítase copia do convenio que a Consellería e o Concello de Ames están a mencionar, xa que, entre as declaracións da Consellería e as do Goberno Tripartito hai diversas contradicións que serían necesario aclarar e que a oposición descoñece
En canto a problemática da parcela dispoñible, Pacto X Ames require información sobre cal é a situación xurídica da parcela do S-15 (xa que está incursa nun procedemento xudicial) así como si o goberno de Ames está en condicións de garantir que esa parcela cumpre os requisitos para ser destinada para o novo centro de saúde.
Por outro lado, PxA tamén pide información sobre si hai alternativa á parcela do S-15 en caso de que a situación xurídica non estea aínda clarexada, porque nestes momentos o Milladoiro conta con terreo suficiente para a construción desta dotación sanitaria a raíz da modificación puntual que se fixera o ano 2012 no S-16 en conxunto coa do S-14.
No escrito presentado no Rexistro Xeral, solicitase resposta aos prazos previstos de execución así como o orzamento previsto pola Consellería de Sanidade.
O centro de saúde do Milladoiro leva sendo unha promesa dende xaneiro de 2005 cando se anunciara a súa construción por parte do alcalde, tamén socialista, do concello de Ames e na que o resto das administracións non están exentas de responsabilidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario