O delegado do Goberno e o director xeral da Policía reciben aos membros da Escola de Ávila que realizan o Camiño

Santiago, 25/06/2016 - O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e o director xeral da Pollicía Nacional, Igancio Cosidó, recibiron na Praza do Obradoiro aos membros da Escola Nacional de Policía de Ávila, que finalizaron o Camiño de Santiago 2016.
Tamén estiveron presentes o xefe superior de Policía en Galicia, Manuel Vázquez; o comisairo provincial da Coruña, José Luis Balseiro, e o inspector da comisaría da Policía Nacional en Santiago, Simón Sabaríz. Xunto a eles asistiu o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán.

Case unha trintena de peregrinos entre profesores e alumnado da Escala Executiva e do 2º curso comezaron en Samos, o pasado 18 de xuño, o Camiño de Santiago 2016. Na xornada de hoxe percorreron a etapa que une o Monte do Gozo coa Praza do Obradoiro, onde foron recibidos polo Delegado do Goberno. Posteriormente asistiron á Misa do Peregrino na que realizaron unha ofrenda floral.

Ningún comentario: