El Rio Natura Monbus Obradoiro colabora en el I Circuito Gallego 3x3 organizado por Tiro Libre SCQ

Santiago, 22/06/2016 - O Rio Natura Monbus Obradoiro asistiu á presentación do I Circuíto Galego 3x3, organizado pola tenda oficial do club, Tiro Libre SCQ e apadriñado polo xogador Pepe Pozas. 
Víctor Fernández, un dos socios da tenda, explicaba que a idea xurdía de "tentar reunir os torneos que xa existen desta competición en Galicia e darlle o plus de convertelo en liguiña, sumando puntuación en cada un ata chegar á gran final, que se realizará nun gran evento na Praza da Quintana, o 11 de setembro". As localizacións dos torneos previos, do 9 de xullo ao 7 de agosto, serán As Pontes, Boiro, Moraña e Viveiro. Os torneos irán abrindo as súas inscricións de forma individual e progresiva. 

Nando Galban, dos colaboradores NBA Circus Shot, indicaba que "é unha forma de darlle profesionalismo aos torneos que se disputaban de forma individual e non tiñan repercusión fóra da súa forma xeográfica. Isto fomentará que a xente se desprace a xogar e mesmo que se empezo a ver como unha modalidade para todo o ano e non só para o verán". Ademais, os torneos puntuarán para o circuíto oficial 3x3 F ÍA. 

Susana Fernández, en representación da Federación Galega de Baloncesto, resaltou o emblemático lugar escollido para a final e mostrou a ilusión do organismo por colaborar con todos os novos actos que poidan ser produtivos para o deporte da canastra. 

O circuíto está apadriñado polo xogador do Rio Natura Monbus Obradoiro, Pepe Pozas, e pola internacional Arantxa Mallou, ambos no acto. Mallou lembraba a súa experiencia xogando neste tipo de torneos "en case todas as categorías" e resaltaba que "é unha iniciativa importante, especialmente para os nenos e para darlle visibilidade ao noso deporte tamén".

Ningún comentario: