Silleda entrega os premios do I Concurso de Cómic “Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao”

Silleda, 22/06/2016 - Onte tivo lugar a entrega de premios do I Concurso de Cómic “Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao”, organizado pola Concellería de Educación do Concello de Silleda.
O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, e a concelleira de Educación, Pili Peón, repartiron os premios aos galardonados, quedando distribuídos da seguinte maneira: 

Na categoría de Educación Infantil, o premio foi para “As viaxes de Ambrosio por terras de Silleda”, de alumnos do CEIP de Silleda, que foi dotado con 100 euros e entradas para o aquapark de Cerceda para todos os membros do grupo.

Dentro da categoría de Educación Primaria, distinguíronse tres apartados:

- Ao mellor cómic, con 100 euros e entradas para o aquapark de Cerceda para “A lenda de Penadauga” dun grupo de alumnos de 6º do CEIP de Silleda.

- Ao mellor guión, premio que foi para “A conta atrás” de alumnos de 6º do CEIP Ramón de Valenzuela de A Bandeira, dotado cun premio de 50 euros e un lote de material escolar para cada membro do grupo.

- Á mellor ilustración, para “A mellor tortilla”, dun grupo de 5ºA do CEIP de Silleda, premiada con outros 50 euros e un lote de cómics para cada membro.

Xa dentro da categoría de Educación Secundaria Obrigatoria, distinguíronse tres gañadores segundo outras tantas categorías:

- Ao mellor cómic, con 100 euros e entradas para o aquapark de Cerceda para “A Ponte do Demo”, de alumnos de 1º de ESO, e con número de rexistro 1385.

- Con 50 euros e un lote de material escolar para cada membro do grupo cualificouse ao mellor guión do traballo titulado “Usa a boca só para que entre o viño”, de 3º da ESO.

- E para a mellor ilustración elixiuse a “A Ponte do Demo”, dun grupo de 1º da ESO, con numero de rexistro 1384, e que foi agraciado con 50 euros e un lote de cómics para cada membro.

Dende onte tamén quedou aberta unha exposición con todas as obras participantes na Biblioteca de Silleda, que se manterá ao longo dun mes.

Ningún comentario: