Santiago, 24/06/2016 - O colectivo SOS Compostela, que defende a sanidade pública na área metropolitana de Compostela, denuncia as prácticas da clínica Souto Boo que acolle doentes derivados dos hospitáis públicos.
SOS Compostela enviou unha carta ao conselleiro de sanidade na que reclama explicacións e acusa a Xunta de complicidade
Jesus Vázquez Almuíña
Jesus Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade.
Luis Verde Remeseiro.
Xerente da EOXI de Compostela.
Durante os meses de Febreiro e maio de 2015, traballadores da clínica Souto Boo comparecen perante a Inspección de Servizos Sanitarios dependentes da Consellaría de Sanidade aos efectos de informar sobre diferentes feitos acaecidos durante a súa actividade profesional. A enfermeira e o médico relatan diante da subinspectora o que acontece, e así se recolle na súa declaración.
Entre os feitos que se constatan é a intromisión da xerenta, persoal non facultativo, nin sanitario na sala de hemodiálises, cambiando material sen consultalo co persoal facultativo.
Na súa declaración a/o traballadora/or relata, entre outros, os problemas pola falta de flitros de hemodiálises de maior superficie, e as consecuencias que isto ten non pacientes.
Podemos seguir relatando todo o que describen na súa comparecencia o persoal da clínica Souto Boo, máis coidamos que non é necesario, dado que o informe que elaborou a Subinspectora sanitaria esta remitido á Consellaría de Sanidade.
Non podemos entender que transcorrido este tempo, a Consellaría de Sanidade e a Xerencia da EOXI de Compostela non tomaran ningunha medida, e a percepción do persoal desta clínica, que atende doentes derivados do SERGAS, é que as cousas foron ao peor.
Agardamos que de inmediato se tomen as medidas pertinentes, en aras a responsabilidade que a Consellaría de Sanidade e a Xerencia teñen co concerto que asinaron con esta clínica, á que derivan doentes, e a que pagan con diñeiro público.
Se nun prazo prudencial non temos resposta, en aras a nosa responsabilidade coa sanidade pública e cos doentes, veriamos na obriga de denunciar publicamente, e ante que corresponda o que acontece nesta clínica e a complicidade da Consellaría de Sanidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario