Santiago, 21/06/2016 - A
praza de Mazarelos será o punto central das actividades do novo festival
organizado polo Concello de Santiago, a través de Turismo de Santiago, para
promocionar as Festas de San Xoán como un atractivo turístico da cidade.
En Mazarelos
instalarase un mercado tradicional, unha área gastronómica para desfrutar dos
produtos típicos de San Xoán, e celebraranse actividades e obradoiros para a
posta en valor dos ritos e tradicións destas datas. Entre as actividades haberá
rutas guiadas para a recollida de herbas de San Xoán, organizados en
colaboración co CIAC, obradoiros de botánica, de coroas florais, vasoiras de
xesta, cestería, baile e colocación de pano tradicional, contacontos sobre
mitos e lendas, música, queimadas con conxuro...
Ademais, na noite do 23, o tren turístico circulará de balde para fomentar a
mobilidade, tanto da veciñanza de Santiago como de turistas e visitantes, que
así poderán transitar a diferentes cacharelas da cidade. O tren turístico fará
un circuíto circular que sairá do CGAC ás horas e media, con distintas paradas
que estarán sinalizadas para a ocasión. O tren circulará entre as 19:30 e as
00:30 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario