Ordes, 21/06/2016 - A CIG-Ensino denuncia a decisión da Consellaría de Educación de suprimir unha unidade de educación infantil no CEIP Mesón do Vento, en Ordes. Ademais a Consellaría de Educación pretende suprimir no mesmo concello a escola unitaria de Merelle.
Amosando publicacións coa etiqueta CIG b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CIG b>. Amosar todas as publicacións
CIG - Ensino - Estudo da desigualdade de xénero nos centros educativos
Con motivo do 8 de marzo, a CIG-Ensino realizou un estudo sobre a representación que teñen as mulleres nos cargos directivos. No estudo pódese comprobar que tamén neste sector existe desigualdade á hora de ostentar cargos directivos.
Se se ten en conta que o 81% do profesorado de Primaria son mulleres, cabe esperar que a porcentaxe a de directoras nos centros de primaria sexa a mesma. Mais a realidade é ben distinta, pois a diferenza entre directoras (2,67%) e directores (9,60%) non reflicte a diferenza do censo en canto á composición de xénero. Extrapolado a un censo en que os dous xéneros estivesen igualmente representados, sería como dicir que os directores son o 78%.
En Secundaria a realidade é similar. Se atendemos ao censo, as mulleres en Secundaria representan o 64%, mais son directoras o 5,35% das mulleres, fronte ao 7,61% dos homes. Extrapolado do mesmo xeito, é dicir, a un censo sen diferenzas de xénero, o peso porcentual dos directores é do 71%.
Aínda que a igualdade entre homes e mulleres é hoxe un “principio universal” non cuestionado explicitamente por case ninguén na nosa sociedade, a realidade é que, na práctica, as desigualdades seguen existindo e a posición da muller está en clara desvantaxe coa dos homes. Por este motivo as Administracións deben tomar cartas no asunto elaborando plans que favorezan a integración da muller en todos os ámbitos e o seu acceso aos cargos de dirección. Neste aspecto é onde quere pór o foco a CIG-Ensino con este estudo, poñendo en evidencia que a ausencia dun Plan de Igualdade na Consellaría de Educación é unha neglixencia que só produce consecuencias negativas para a igualdade de oportunidades entre profesoras e profesores.
A CIG-Ensino xa solicitou á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Galiza que elaborase un Plan de Igualdade para o Ensino deste país. Un plan que, á vista dos resultados, non só é legalmente preceptivo, senón completamente necesario para evitar as diferenzas e que estas sigan aumentando. Un plan en que a propia Administración actúe de xeito responsable neste eido, establecendo os mecanismos necesarios para facilitar ao profesorado a conciliación da vida familiar e laboral e que esta non repercuta no acceso aos cargos de dirección. Neglixencia que, por certo, non é a única que se produce, pois tal e como veu denunciando a CIG-Ensino semanas atrás a Consellaría non cumpre o que establece a Lei de Prevención sobre a determinación de postos de risco para o embarazo e, cando unha profesora ten que solicitalo, non actúa coa axilidade necesaria.
A Consellaría debe artellar mecanismos para que haxa igualdade real entre quen forma o colectivo e quen toma as decisións e, para poñer un exemplo, os mecanismos de elección e formación das direccións non favorecen, hoxe por hoxe, a igualdade de acceso para profesoras e profesores. O ensino ten a responsabilidade de contribuír á eliminación dos condicionamentos sociais que prexudiquen a creación dunha sociedade igualitaria para todos e todas. Para a CIG-Ensino cómpre formar para vivir nunha sociedade entre iguais, e dar exemplo desde o propio centro educativo e, para iso, urxe que a Consellaría asuma o papel que lle corresponde.
Cig Comarca - a xunta pretende amortizar 125 prazas de profesorado na comarca de Compostela
A Consellaría de Educación pretende amortizar 125 prazas de profesorado na Comarca de Compostela, destacando a amortización de todas as prazas docentes dos CRA de Oroso e Santa Comba
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)