Amosando publicacións coa etiqueta SOS COMPOSTELA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SOS COMPOSTELA. Amosar todas as publicacións

SOS Compostela denuncia complicidade entre a Consellería de Sanidade e a clínica Soto Boo

Santiago, 24/06/2016 - O colectivo SOS Compostela, que defende a sanidade pública na área metropolitana de Compostela, denuncia as prácticas da clínica Souto Boo que acolle doentes derivados dos hospitáis públicos. 
SOS Compostela enviou unha carta ao conselleiro de sanidade na que reclama explicacións e acusa a Xunta de complicidade

Comunicado Sos Compostela e convocatoria de concentración o día 14 no Toural

POR UNHA SANIDADE PÚBLICA E DE CALIDADE,
QUE NOS PROTEXA FRONTE A ENFERMIDADE, SEN
DISCRIMINACIÓN, SEN PENALIZACIÓNS POR
FALTA DE RECURSOS ECONÓMICOS

CONCENTRACIÓN
SOS Sanidade Pública
COMPOSTELA
XOVES, 14 DE ABRIL,
ás 20h na PRAZA DO TOURAL

Desde a constitución de SOS-Sanidade Pública Compostela vimos analizando a situación da
prestación sanitaria nesta área sanitaria. Fixémolo dun xeito integral, recollendo as demandas de
todas as asociacións que forman parte da Plataforma, cunha especial atención ás asociacións de
doentes, por ser elas/es quen están a sufrir, dun xeito máis agresivo, os recortes e as
privatizacións na Sanidade Pública.

Intentamos establecer canles de comunicación coa Administración Sanitaria: Xerencia, Consellaría
de Sanidade... sen ter éxito. As inquedanzas das/os doentes transmitidas por SOS non están nas
prioridades deste goberno.

Durante esta etapa fixemos diversas accións das que enumeramos as seguintes:
 Denunciamos ante a Valedora do Pobo a non posta en marcha do Consello de Saúde de
Área (CSA) de Santiago de Compostela, a mala calidade dos produtos para inxección de
insulina por parte de pacientes diabéticas/os, a suba excesiva de cota de residentes das
Residencias do SERGAS, e a discriminación na concesión de tratamentos oncolóxicos para
pacientes cun mesmo diagnóstico.

 SOS-Sanidade Pública Compostela forma parte da Rede Galega de Defensa do Dereito á
Saúde, e presentamos ante a Valedora do Pobo, o 9 de novembro do 2015, o documento
de “exclusión sanitaria”, referido ás exclusións da asistencia sanitaria das persoas
inmigrantes.

 Dende a Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela achegamos o debate do que
acontece na sanidade á poboación, mediante múltiples Charlas-Coloquio, sobre os temas
que preocupan á xente que fai uso do Sistema Sanitario Público: temas como as vacinas, a
diabetes, a Sanidade Pública en perigo, privatizacións, listas de espera, hepatite C, copagos
e repagos de medicamentos, peches de camas que dificultan os ingresos hospitalarios,
recortes na Atención Primaria...

Todos estes temas seguen, a día de hoxe, sen resolverse. A Consellaría de Sanidade e o Partido
Popular seguen a incrementar o sufrimento da poboación enferma. Privatizando e facendo
negocio coa nosa saúde. Este ano non podemos consentir que o SERGAS faga un peche masivo de
camas no verán.

A SANIDADE PÚBLICA É UN DEREITO
UNIVERSAL QUE NOS FAI A TODAS E TODOS
IGUAIS FRONTE A ENFERMIDADE
MOBILÍZATE.

Non podemos calar fronte a
estas agresións!


SOS Compostela - Outra victoria da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela, congratúlase de que a Xerencia do CHUS esixa dos centros concertados que “completen o proceso de atención aos doentes que son derivados da Sanidade Pública a Sanidade Privada”. Proceso polo que cobran da Sanidade Pública.

No mes de outubro de 2015, a Plataforma SOS Compostela, ante as denuncias que estabamos a recibir de doentes atendidos nos centros concertados, enviamos un escrito á xerencia do CHUS, para que clarificase o seguinte:

“A Plataforma SOS Sanidade Pública, quere saber: onde empeza e onde acaba un proceso clínico, cando se deriva un/ha paciente da Sanidade Pública a privada. Os temas de Rehabilitación posterior, seguimento de posibles infeccións, etc. quén ten que atendelo? Isto pasa sobre todo nas derivacións a privada de Traumatoloxía e Oftalmoloxía (operacións de cataratas, etc.). Si a administración, contrata ca sanidade privada por proceso, deberá ser atendido @ doente, ata que se lle de o alta definitiva, e non pasalo a Sanidade Pública si se complica”.

Pois ben: transcorrido este tempo a Xerencia do CHUS envía esta comunicación as/os profesionais:

“Os procesos derivados a Centros Concertados deben finalizar en ditos centros, é dicir, deben incluír todas as revisións.
Estes Centros están obrigados a prestar todos os servizos necesarios ata a alta d@s pacientes que o Sergas lles teña derivado.
Mentres a alta non se produce, o Sergas non asume de novo a responsabilidade sobre os pacientes. 
Por este motivo, cando no Centro Concertado se lle indique ao paciente a necesidade dunha revisión do proceso polo que foran atendidos en dito Centro, a citada revisión debe ser realizada no Centro Concertado.
Prégovos que informedes ao persoal médico do Servizo que, nestes casos, o facultativo debe informar ao paciente de que para dita consulta debe dirixirse ao Centro Concertado”

Dende SOS Compostela, agardamos que se acabe co envío de doentes a centros privados, mentres se reduce a actividade na sanidade pública.

Unha vez máis ponse de manifesto que a Sanidade Pública é a que resolve de xeito integral todas as doenzas da poboación.

A Plataforma SOS Sanidade Pública, defende e defenderá sempre unha Sanidade Pública sen privatizacións.

Plataforma SOS Compostela - Nova reclamación a Consellería de Sanidade da Valedora do Pobo

A Valedora do Pobo ven de reclamar de novo, como xa fixera en decembro, informes complementarios sobre a Área Sanitaria de Santiago. A demanda da Valedora ven motivada pola queixa da Plataforma SOS Compostela sobre a mala calidade dos produtos usados na atención aos insulino dependentes.


SOS Compostela - Entrega de queixa ante a Valedora do Pobo

O pasado mes de xullo de 2015, cinco asociacións oncohematolóxicas de Galicia (AUSO-CHUS, Por + Vida, Punto e Seguido, ADICAM e ASOTRAME) solicitamos por escrito, información ás sete Xerencias de Área de Galicia, recibindo como resposta un mesmo escrito remitido polas sete Xerencias, que non responde a ningunha das preguntas realizadas (adxunto escritos). Consideramos que esta actitude, obedece á intención de ocultar os datos por parte da Administración Sanitaria e revela unha profunda falla de respecto polos enfermos onco-hematolóxicos e as asociacións que os representan. A nosa iniciativa estivo impulsada por tres casos detallados a seguir:

  1. Caso Abiraterona.- No ano 2012,  un paciente con cancro de próstata (M.F.) contactou coa asociación AUSO-CHUS, para denunciar que a Xerencia do Complexo Hospitalario da Universidade de Santiago (CHUS) lle denegaba a Abiraterona, aprobada en España en setembro de 2011. Este medicamento, fora suministrado no CHUS mentres estivo en fase de ensaio clínico e durante o período de expansión en que os custos corren por parte da industria farmacéutica. Para contrastar a información, falamos co seu oncólogo, quen nos confirmou a súa veracidade e nos informou tamén, de que sabía que en Lugo se estaba dispensando por “uso compasivo”, polo menos, a un paciente, mentres no CHUS, a Dirección Médica lle denegara todas as solicitudes feitas para distintos pacientes. Despois de denuncialo na prensa, a M.F. foille autorizada a dispensación, coincidindo coa súa aprobación pola Comisión de Farmacoterapia de Galicia, en decembro de 2012. A esa altura, noutras Comunidades Autónomas xá estaba sendo dispensado. No ano 2014 un paciente galego denuncia a negativa do SERGAS a suministrarlle Abiraterona porque non tiña recibido aínda quimioterapia, contravindo as indicacións da Axencia Europea do Medicamento e da Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios (AEMPS) que aprobara esta ampliación de uso en novembro de 2012 (http://cadenaser.com/ser/2014/08/09/espana/1407541826_850215.html.

  2. Caso Regorafenib.- No ano 2014, AUSO, tivo coñecemento de que o paciente ( A.A.V.) do HULA (Hospital Universitario Lucus Augusti), a dirección médica hospitalaria, lle denegaba o Regorafenib, único tratamento que podía tomar, tras ter que descartar as demais alternativas contra un tumor tipo GIST que padecía. Pola contra, ese mesmo ano, no CHUS de Santiago, había un paciente ao que se lle estaba suministrando por “uso compasivo”. Esta información está contrastada e verificada polo informe da Defensora del Pueblo, Soledad Becerril (tamén o anexamos).

  3. Caso TDM1.- Na actualidade existe un medicamento moi efectivo contra un subtipo de cancro de mama, denominado TDM1, cuxo financiamento público foi aprobado pola AEMPS en xuño de 2015. Para que as pacientes poidan acceder a él, deben solicitalo á dirección médica dos centros hospitalarios, dado que a Comisión de Farmacoterapia de Galicia aínda non se pronunciou.

Estes feitos contrastados e a información que nos proporcionan a SEOM (Sociedad Española de Oncología Médica) e os oncólogos, fannos sospeitar que existe DESIGUALDADE entre Comunidades Autónomas na dispensación dos fármacos anticanceríxenos de última xeración (os máis caros) porque cada unha os aproba en diferentes momentos (cando non decide rexeitalos), e tamén, entre hospitais, porque, mentres as Comunidades Autónomas, non os aproban, téñense que solicitar, caso por caso, por “uso compasivo” a quen ten competencia en Galicia, que son as Direccións Médicas Hospitalarias, segundo nos informaron os oncólogos.

A ísto hai que engadir os enormes retrasos con que a Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios aproba o financiamento dos novos fármacos, despois de seren autorizados pola Unión Europea (no caso do TDM1 foi de 600 días, cando a UE recomenda un máximo de 180 días), e os enormes retrasos con que a Comisión de Farmacoterapia de Galicia os reaproba na nosa Comunidade despois de ser autorizados polo Ministerio de Sanidade (aproximadamente 2 anos no uso ampliado da Abiraterona). Isto implica que moitos enfermos galegos morrerán sen poder beneficiarse destes tratamentos.

A situación descrita, non só xera unha desigualdade evidente entre galegos, españois e cidadáns doutros países europeos do noso contorno, senón tamén entre cidadáns españois residentes en diferentes Comunidades Autónomas, dado que se está permitindo que cada unha, incorpore os medicamentos aprobados pola AEMPS en diferentes momentos temporais (atentando contra o art. 88.1 Tit. VII da Ley 99/2006 de garantías e uso racional de medicamentos e produtos sanitarios), e, mesmo, entre galegos tratados en diferentes áreas sanitarias, dado que cada dirección hospitalaria ten potestade de autorizar ou non o ’uso compasivo’ dun medicamento ‘en pacientes que padecen unha enfermidade crónica ou gravemente debilitante, ou que se considera, pon en perigo a súa vida e que non poden ser tratados satisfactoriamente con un medicamento autorizado’ (Art. 2.1. RD 1015/2009). 

As asociacións de pacientes anteriormente referidas e a Plataforma SOS Sanidade Pública, sabemos que existen desigualdades a este respecto entre os hospitais das diferentes áreas sanitarias galegas, o que atenta contra o dereito dos pacientes ‘a obter os medicamentos e os produtos sanitarios que se consideren necesarios para promover, conservar ou restablecer a súa saúde’ (Art. 12.3 Tit. I da Lei 8/2008 de Saúde de Galicia), contra a universalidade do dereito aos servizos e ás prestacións de cobertura pública e á equidade e equilibrio territorial no acceso e prestación dos servizos sanitarios recoñecidos no Art. 32.1 e 32.4. Tit. II, Cap. II da mencionada Lei, e contra o principio de ‘igualdad efectiva y calidad’ recoñecido na Ley 16/2003 de Cohesión y Calidad del SNS (Art. 2 a).

Por todo o anterior, en cumprimento do dereito á información dos usuarios do SNS contemplados na Lei 16/2003 de Cohesión e Calidade do SNS (Art. 26) e na Lei 41/2002 de Dereitos e Autonomía do Paciente (Art. 12.1), e apelando ao deber de transparencia da Administración Sanitaria, as asociacións de pacientes abaixo asinantes e a plataforma SOS Sanidade Pública, solicitamos da Sra. Valedora do Pobo de Galicia:

      1. Que se nos informe de se os seguintes medicamentos están sendo suministrados por ‘uso compasivo’ nas diferentes áreas sanitarias galegas: TDM1, Ramucirumab, Enzalutamida, Eribulina, Afatinib, Avastín, Ibrutinib, Idelalisib, Carfilzomib.

  2. Se os oncólogos e hematólogos dos hospitais de Galicia, están informando debidamente aos seus pacientes, sobre a existencia desas alternativas terapéuticas, e a súa situación administrativa a día de hoxe, así como da posibilidade de solicitar o seu “uso compasivo”.

    3. Qué número de solicitudes se fixeron no último ano nas distintas áreas sanitarias e cántas foron aceptadas e denegadas en cada un deses medicamentos?

    4. Cáles son os criterios para dispensar en Galicia os medicamentos contra o cancro, aprobados pola Axencia do Medicamento Europea, mentres éstes non están aprobados pola Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios (AEMPS), e cáles son os criterios para dispensalos en Galicia, cando xa foron aprobados pola Axencia Española pero non pola Comisión de Farmacoterapia de Galicia.

  5. Qué tempo promedio tarda a Comisión de Farmacoterapia de Galicia en aprobar un novo fármaco oncolóxico unha vez que foi aprobado pola AEMPS?

  6. Que se nos informe de si os enfermos oncolóxicos en situacións semellantes, son tratados farmacolóxicamente de diferente forma, en función do hospital no que se traten.

Plataforma SOS Sanidade Compostela - Denuncia ante Valedora do Pobo da restricción de fármacos

A plataforma SOS Sanidade Compostela presentará o próximo xoves un escrito ante a Valedra do Pobo no que denuncia a restricción de uso de fármacos oncolóxicos.

A/a Valedora do Pobo:

Solicitude da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela, en nome da AUSO: Asociación de Usuarios do Servizo de Oncoloxía:

Denunciamos a restricións do uso de fármacos oncolóxicos.

A Asociación de Usuarios do Servizo de Oncoloxía, solicitou información as 7 Xerencias de Área de Galicia e a resposta que recibiron, aparte dun insulto a intelixencia, non responde a nada do solictado (adxunto escritos).

AUSO, tivo información de que se estaba restrinxindo o acceso aos fármacos oncolóxicos en 2012, porque un paciente de cancro de próstata, contactou ca Asociación, para denunciar que a Xerencia do CHUS lle denegaba a Abiraterona. Para corroborar si era ou non certo, falamos co seu oncólogo, que nos confirmou a noticia e nos informou tamén, de que sabía que en Lugo se estaba dispensando por “uso compasivo”, polo menos, a un paciente, pero no CHUS a él lle denegaban todas as solicitudes (isto é competencia da dirección médica do centro). Denunciamolo na prensa e ao cabo dun mes concedéronlla (pero creemos porque a Comisión de Farmacoloxía da Xunta a autorizou por fin). A esas alturas, sabemos, que estaba sendo dispensada noutras comunidades autónomas (en Madrid).

No ano 2014, AUSO, tivo coñecemento de que ao paciente do HULA (Hospital Universitario Lucus Augusti), A. A.V. a dirección médica hospitalaria, lle denegaba o único tratamento que podía tomar, despois de deixar de funcionarlle todos os demais: o regorafenib. En Santiago, no CHUS (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago), había un paciente ao que se lle estaba suministrando por “uso compasivo”. Esta información está contrastada e verificada polo informe da Defensora del Pueblo, Soledad Becerril (tamén o anexamos).

Temos coñecemento doutra paciente, que para que poidera tomar o medicamento TDM1, prescrito polo seu oncólogo, tivo que pedir permiso á dirección médica do CHUS, e tardaron dende xuño a setembro en concedelo. Este é un medicamento moi efectivo nun subtipo de cancro de mama que foi aprobado ó 17 de xullo de 2015 pola AEMPS (Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios) , pero creemos que aínda non está permitido en Galicia.

Ante estos acontecementos, e a información que nos proporciona a SEOM (Sociedad Española de Oncología Médica) e os oncólogos, fannos sospeitar que existe DESIGUALDADE entre Comunidades Autónomas, porque cada unha, aproba/rexeita os medicamentos que lle parece e no momento en que lle parece, e tamén, entre hospitais, porque, mentres as Comunidades Autónomas, non os aproban, téñense que solicitar, caso por caso, por “uso compasivo” e quen ten competencia aquí en Galicia, é a dirección médica de cada hospital.

Outro factor a ter en conta, é o enorme retraso con que a AEMPS aproba os novos fármacos e os reaproba a Comisión Galega de Farmacia. Tamén, dende que a Unión Europea os autoriza (pode ser de dous / tres anos, o que implica que moitos enfermos morrerán sen poder beneficiarse deles) ata que se autorizan en España e en Galicia.

A situación descrita non só xera unha desigualdade evidente entre españois e cidadáns doutros países europeos do noso contorno, senón tamén entre cidadáns españois residentes en diferentes Comunidades Autónomas, dado que se está permitindo que cada unha, incorpore os medicamentos aprobados pola AEMPS en diferentes momentos temporais (atentando contra o art. 88.1 Tit. VII da Ley 99/2006 de garantías e uso racional de medicamentos e produtos sanitarios), e, mesmo, entre galegos tratados en diferentes áreas sanitarias, dado que cada dirección hospitalaria ten potestade de autorizar ou non o ’uso compasivo’ dun medicamento ‘en pacientes que padecen unha enfermidade crónica ou gravemente debilitante, ou que se considera, pon en perigo a súa vida e que non poden ser tratados satisfactoriamente con un medicamento autorizado’ (Art. 2.1. RD 1015/2009). 

Dende AUSO e da Plataforma SOS Sanidade Pública, sabemos que existen desigualdades a este respecto entre os hospitais das diferentes áreas sanitarias galegas, o que atenta contra o dereito dos pacientes ‘a obter os medicamentos e os produtos sanitarios que se consideren necesarios para promover, conservar ou restablecer a súa saúde’ (Art. 12.3 Tit. I da Lei 8/2008 de Saúde de Galicia), contra a universalidade do dereito aos servizos e ás prestacións de cobertura pública e á equidade e equilibrio territorial no acceso e prestación dos servizos sanitarios recoñecidos no Art. 32.1 e 32.4. Tit. II, Cap. II da mencionada Lei, e contra o principio de ‘igualdad efectiva y calidad’ recoñecido na Ley 16/2003 de Cohesión y Calidad del SNS (Art. 2 a).

Por todo o anterior, en cumprimento do dereito á información dos usuarios do SNS contemplados na Lei 16/2003 de Cohesión e Calidade do SNS (Art. 26) e na Lei 41/2002 de Dereitos e Autonomía do Paciente (Art. 12.1), e apelando ao deber de transparencia da Administración Sanitaria, AUSO e a Plataforma SOS, abaixo asinantes, solicitamos da Sra. Veledora do Pobo de Galicia:

Que se nos informe de se os seguintes medicamentos están sendo suministrados por ‘uso compasivo’ na súa área sanitaria: Regorafenib, TDM1, Ramucirumab, Enzalutamida, Eribulina, Afatinib, Avastín, Ibrutinib, Idelalisib, Carfilzomib.

Se os oncólogos e hematólogos dos hospitais de Galicia, están informando debidamente aos seus pacientes, sobre a existencia desas alternativas terapéuticas, e a súa situación administrativa a día de hoxe, así como da posibilidade de solicitar o seu “uso compasivo”.

Qué número de solicitudes se fixeron no último ano e cantas foron aceptadas e denegadas en cada un deses medicamentos.

4. Cómo é posible que non existan uns criterios unificados para a dispensación de un determinado medicamento, para un determinado proceso patolóxico. Cáles son os criterios (si existen) de dispensación, directa e por “uso compasivo” dos medicamentos para enfermos oncolóxicos?

É xusto, que pacientes cunha patoloxía tan dramática, teñan que estar a expensas de cuestións economicistas ou a decisión dun/ha xerete de área, para poder accder a algo tan básico como o seu tratamento para un cancro.

SOS Compostela - Solicitude de matrona para Brión

Desde a Plataforma SOS Compostela asistimos con preocupación ao tratamento que esta xerencia esta a dar ao Plan de Atención Integral á Saúde da Muller en Galiza, e nomeadamente a cobertura de postos de enfermeira especialista obstétrico-xinecolóxica (MATRONA).

No ano 2015 xubilouse a Matrona do concello de Brión, durante todo este tempo a Matrona do Milladoiro esta a prestar servizo nos dous centros de Saúde. Centros de Saúde que se corresponde con unha poboación moi importante de Mulleres en idade fértil.

Os datos que puidemos conseguir son:

4.920 Mulleres entre 16 e 65 anos no centro de saúde do Milladoiro.

2.058 Mulleres entre 16 e 65 anos no centro de saúde de Brión.

Como Vde. e coñecedor a demais da atención ao embarazo, a carteira de servizos do SERGAS para atención a saúde integral á mulleres recolle as seguintes prestacións, cun papel fundamental na prestación do traballo da Matrona:

Dirixidas á muller.

1.1.1. Prevención da infección de rubéola.

Incluirase neste servizo a toda muller entre 15 e 40 anos.

ü Dar información sobre a conveniencia da vacinación fronte a rubéola aos nenos e nenas segundo o calendario vacinal vixente.

ü Dar información e consello sobre como evitar o contaxio da rubéola durante o embarazo.

ü No caso de seroloxía anti-rubéola descoñecida facer determinación de anticorpos e vacinar se é preciso.

1.1.2. Prevención de embarazos non desexados.

Incluirase neste servizo a toda muller en idade fértil.

ü Dar información e consello sobre a utilización de métodos anticonceptivos.

ü Dar información e consello (EpS) sobre a relación afectivo-sexual.

1.1.3. Detección precoz do cancro de colo de útero.

Incluirase neste servizo a toda muller a partir dos 3 anos do inicio das relacións sexuais ou en todo caso a partir dos 21 e hasta os 65 anos.

ü Dar información sobre a prevención do cancro de colo de útero.

ü Realización de citoloxías segundo o programa de atención integral á muller.

1.1.4. Detección precoz do cancro de endometrio.

Incluirase neste servizo a toda muller postmenopáusica non histerectomizada.

ü Dar información sobre hemorraxia postmenopáusica.

1.1.5. Detección de violencia contra das mulleres.

Incluirase neste servizo a toda muller que se teña detectado indicios de violencia de xénero segundo o protocolo.

ü Valorar a presencia ou ausencia de signos ou síntomas de:

§ Síndrome postraumático: alteración do estado do humor, rabia, ansiedade, evitación, conducta compulsiva, depresión, temor, culpa, irritabilidade, pesadelos, palpitacións, ataques de pánico, represión, vergoña, abuso de sustancias, ...

ü Actuar segundo o protocolo de violencia de xénero.

1.1.6. Detección e prevención da incontinencia urinaria.

Incluirase neste servizo a toda muller maior de 45 anos e mulleres despois do parto.

ü Facer anamneses sobre signos e síntomas da incontinencia urinaria ou perda involuntaria de ouriños.

ü Dar información sobre a perda involuntaria de ouriños e métodos para previla.

1.1.7. Promoción da saúde da muller durante o climaterio.

Incluirase neste servizo a toda muller entre 45 e 65 anos.

ü Dar información e consello sobre:

§ Síntomas vasomotores.

§ Sono e descanso.

§ Autopercepción e autoestima.

§ Sequidade vaxinal.

§ Sexualidade.

§ Incontinencia urinaria.

§ Sangrado menstrual tras doce meses de amenorrea.

§ Aporte dietético de calcio.

§ Exercicio físico.

§ Anticoncepción no climaterio/perimenopausia.

Lamentamos profundamente que para a EOXI de Compostela a saúde integral da Muller non sexa un tema prioritario nos obxectivos de saúde desta área, e se limiten a dar unha prestación mínima. Podíase cualificar coma unha agresión máis ás que as mulleres están sometidas.

Por todo isto, desde SOS Compostela esiximos de Vde que de inmediato procedan a cubrir a praza de matrona do Centro de Saúde de Brión, deixando a Matrona do Milladoiro a tempo completo neste centro. A si mesmo solicitamos unha maior sensibilidade deta xerencia no referente á saúde integral da Muller e na cobertura de postos de Matrona.