Santiago, 25/06/2016 - Hoxe sábado, Area Central pecha a súa tempada dos talleres "Sábados creativos", que veñen organizando desde o pasado mes de setembro, coa celebración da súa última sesión centrada na "cociña creativa intergaláctica". As responsables da Asociación Planeta Shalom teñen organizada unha sesión moi especial na que os nenos gozarán coa temática que máis éxito tivo esta tempada: a cociña.
En concreto e con motivo da exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada", que se pode visitar na esquina azul de Area Central ata mediados de xullo, os nenos asistentes aos "Sábados creativos" poderán cociñar froita extraterrestre, estrelas tostadas, etc. Esta sesión desenvolverase na esquina amarela de Area Central, de 18.00 a 20.00 horas.
Tamén hoxe sábado e nese mesmo horario, de 18.00 a 20.00 horas, unha decena de socios da Tropa Korriban Star Wars Galicia, caracterizados dos personaxes máis coñecidos destas películas, estarán presente para saudar aos visitantes de Area Central. Así mesmo, establecerase un photocall na propia zona da exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada" para que, quen o desexe, poida inmortalizar o seu encontro con estes personaxes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario