Concibida como punto de encontro para o persoal docente e investigador galego que traballa con perspectiva de xénero, a Xornada constará dunha conferencia inaugural titulada ‘O que a universidade debe ás mulleres’ que impartirá Marina Subirats, experta en educación e xénero e profesora emérita de Socioloxía da Universitat Autònoma de Barcelona. Ademais, completarán o programa tres sesións orais e unha de pósteres para a exposición das 40 comunicacións aceptadas.
Entre as temáticas tratadas, os debates estarán enfocadas na metodoloxía docente e perspectiva de xénero; innovación e boas prácticas na aula; integración da perspectiva de xénero no ensino virtual; a dimensión de xénero na titorización; dinámicas de xénero na aula; e comunicación inclusiva, o uso da linguaxe na docencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario