Asociación Hostelería - Santiago (e)tapas se consolida coma un dos 3 concursos máis importantes de España

Máis de 60 establecementos aspiran a participar no Santiago é Tapas 2012, que nesta quinta edición se consolida coma un dos tres concursos máis importantes de España
Os días 8 e 9 de outubro o Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela acolle as probas de preselección, por onde pasarán todos os aspirantes coas súas creacións
O colectivo empresarial lidera nesta quinta edición a promoción e organización do concurso e quere agradecer especialmente o apoio de todos os patrocinadores e dos hostaleiros composteláns, que fan un esforzo enorme para contribuir ao éxito do Santiago é Tapas 2012, a pesar da crise económica, dos recurtes orzamentarios e do pouco tempo que houbo para preparar esta cita co mellor da gastronomía en miniatura de Galicia. Hostelería Compostela demostra a súa madurez e capacidade de liderado no sector hostaleiro compostelán asumindo a organización deste evento gastronómico ante o baleiro deixado por Turismo de Santiago, que decidíu deixar facer este concurso de tapas.
Coa súa implicación decidida e asumindo a organización e os custos deste importante evento, os empresarios do sector hostaleiro compostelán deixan clara a súa vontade de facer cidade, de contribuir á promoción de Compostela como destino de turismo gastronomómico e o seu compromiso para consolidar o Santiago é Tapas coma o mellor concurso de tapas de Galicia e un dos tres máis importantes de España.
De feito, a organización está a estudar fórmulas para deseñar e comercializar paquetes de hospedaxe e tapas a través dalgúns hoteis da cidade e poder atraer así a público de fóra de Compostela e de Galicia ao Santiago é Tapas 2012, axudando á proxección exterior deste concurso que se vai desenvolver entre o 26 de outubro e o 11 de novembro. 
No arquivo anexo vai a nota de prensa e unha foto da elaboración dunhas tapas no Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela, que vai acoller a fase de preselección o 8 e 9 de outubro, por onde van pasar os máis de sesenta aspirantes, e onde se van desenvolver dous obradoiros culinarios de cociña en miniatura durante a segunda quincena de outubro.

Ningún comentario: