Os usuarios do ximnasio municipal de Ordes disfrutan xa das novas instalacións e equipamento tras a súa remodelación
Conta con outros 130 metros cuadrados e novos aparatos de musculación e cardiovasculares. Tal e como estaba previsto onte iniciaronse os cursos de natación e mantense o amplo programa de actividades para todas as idades
Decenas de usuarios do ximnasio municipal Ivan Raña disfrutan xa da remodelación e ampliación deste espacio adicado ó deporte e á saúde, que dende onte conta con 130 metros cuadrados máis. O Concello de Ordes cumple deste xeito coa prioridade de mellorar estas instalacións, que xunto coa piscina climatizada son utilizadas por máis de 1.300 persoas do municipio e doutras zonas próximas. Todas poderán facer uso delas nun amplo horario que de luns a sábado vai de 8 a 14 horas e de 16 a 23 horas eo domingo de 10.30 a 13 horas.
Cun orzamento de máis de 55.000 euros transformouse unha zona axardinada colindante nunha nova sala na que xa se poden realizar exercicios cardiovasculares e de musculación. Para elo instaláronse cintas, bicicletas ou steps, ademais de aparatos de pesas propicios para traballar distintas partes do corpo a distintos niveis. Deste xeito o ximnasio conta con máis dunha ducia de máquinas cardiovasculares e 17 de pesas, ós que hai que engadir unha extensa equipación de mancuernas. Co fin de prestar o mellor servizo as instalacións están dotadas de monitores que en todo momento asesoran ós usuarios.
Para poder chegar a conseguir todo isto dende o consistorio deron o visto bo a unhas obras que supuseron a instalación de vigas de arrastre, de estructuras metálicas, paredes e cubertas, falsos teitos e amplos ventanais de cristal e aluminio, o que aporta luz natural a todo o espazo co conseguinte aforro enerxético. A colocación de canelóns e baixantes completaron esta intervención que onte recibía o visto bo dos ususarios que acudían a poñerse en forma.
No referente ó programa de actividades dende o departameto de Deportes ofertanse clases de aerobic, aerobic infantil, tonificación, step, bailes latinos, high fit, jump fitness, cardio box, aerostep, interball, aquagym, streching e acondicionamento físico senior. Cabe engadir os cursos de natación que teñen lugar na piscina climatizada e que onte deron comenzo tal e como se tiña programado. Un ano máis cubríronse todas as prazas ofertadas.


Ningún comentario:
Publicar un comentario