Tres alumnos do IES Pintor Colmeiro inician as prácticas no Concello de Silleda
Tratase de alumnado do Programa de Capacitación Profesional Inicial (PCPI). Dous alumnos estarán no departamento de Deportes e outra alumna nas dependencias administrativas do Concello
O Concello de Silleda e o IES Pintor Colmeiro veñen de asinar un convenio de colaboración polo cal tres alumnos do Programa de Capacitación Profesional Inicial (PCPI) realizarán prácticas na Administración Local.
En total son tres os alumn@s en prácticas que hoxe mesmo se incorporaron ás dependencias municipais. O período de prácticas, para completar a formación, será ata o 30 de maio de 2013, cun total de 580 horas (asisten todos os luns, mércores e venres). Dous deles estarán no departamento municipal de Deportes e outra alumna do citado programa incorporouse hoxe tamén na casa consistorial para realizar tarefas de apoio administrativo. A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, agarda que esta iniciativa poida axudar ao desenvolvemento persoal dos alumnos e alumnas do PCPI e agradece ao IES Pintor Colmeiro que contaran co Concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario