Oroso - ampliase o prazo para os obradoiros culturáis

O CONCELLO DE OROSO AMPLÍA ATA O 15 DE OUTUBRO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS CULTURAIS 
O Concello de Oroso amplía ata o vindeiro 15 de outubro o prazo de inscrición nos seus obradoiros culturais para maiores de 16 anos, que este ano ofertan palillos, pintura ao óleo, tecido en tear, arte floral, patchwork, traballos manuais e bailes de salón. Unha matrícula que poderá formalizarse nas oficinas do centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro.

Así as cousas, os únicos cursos que arrincarán o vindeiro luns 1 de outubro serán os de manualidades e os de patchwork, no que aínda quedan tamén prazas libres. O Concello de Oroso lembra que, de non reunirse un mínimo de 10 participantes, non se poderá realizar o curso. 

Ningún comentario: