A Casa da Cultura acolle a mostra cos traballos das alumnas dos cursos de pintura realizados en Oleiros e Vilar
O vindeiro xoves día 4 terá lugar na Casa da Cultura a apertura da exposicións coas obras realizadas polo alumnado dos cursos de pintura que tiveron lugar a pasada tempada nas parroquias silledenses de Oleiros e Vilar. A exposición quedará aberta ao público na sala Pintor Colmeiro ata o vindeiro día 15, en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 e tamén os sábados pola mañá (de 11.00 a 14.00 horas). Estas actividades, organizadas polo departamento de Cultura e Participación Cidadá tiveron lugar no curso 2011/2012, nos locais sociais de Oleiros e Vilar, cunha participación de máis de 20 persoas. “O que máis se valora é a participación en dúas parroquias nas que nos últimos anos non tivera lugar ningún tipo de iniciativa cultural”, sinala o concelleiro Matías Rodríguez da Torre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario