Silleda - o departamento de medio rural asume a limpeza de varias vías ante a falta de resposta da deputación

O Concello de Silleda tivo que asumir a limpeza de viais provinciais en varios puntos do rural 
Dende o departamento de Medio Rural, que dirixe Antonio Couso, remitíronse varias cartas á Diputación apremiando os desbroces nas súas propiedades, “pero a día de hoxe aínda non vimos ningunha das súas máquinas”, engade o concelleiroO departamento municipal de Medio Rural de Silleda continúa estes días coa limpeza e desbroces nas parroquias do rural. Os traballos, segundo o calendario de festas das parroquias, acaban de rematar hoxe en Lamela, onde a vindeira fin de semana se celebran as festas patronais.

O concelleiro Antonio Couso explica que en varias localidades as máquinas municipais tiveron que asumir a limpeza de viais ou terreos que son titularidade da Deputación, “e que estaban próximas aos lugares onde se celebran a festa ou moi preto doutras vías municipais”, engade Couso.

Neste senso explica que dende o pasado mes de xuño se lle remitiron varias cartas ao departamento de Infraestructuras da Deputación de Pontevedra, solicitando e “reiterando a necesidade de que limparan os seus terreos e estradas”, pero que “a día de hoxe, pese a que nos responderon, aínda non viñeron”. Así, sinala que o pasado mes de setembro, nunha nova comunicación á Deputación se lle informou que en parroquias como a de Oleiros as máquinas do Concello procederon a limpar un dos viais provinciais que cruza a parroquia. Na súa resposta, dende a Deputación dín que “toman nota da petición” pero que “se ben non completaron o traballo na totalidade das vías que pasan por Silleda actuaron en gran parte delas” e informan que tratarán de “finalizalos axiña en canto dispoñamos dos medios necesarios”.Así as cousas, o concelleiro de Medio Rural propónlle ao portavoz do PP, José Luis Espiño, que criticou en varias ocasións o programa de desbroces “que insista ante a Diputación para que veñan dunha vez por todas a facer o traballo que lles compete”. Tamén lle lembra, logos das críticas recibidas “que chegamos a tempo a todas as parroquias para telas limpas nos días de festa, como se fixo sempre neste Concello”, remata.

Ningún comentario: