SANTIAGO
Martes 2
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar a nova páxina web da Concellería de Deportes.
13.30 h
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste aos actos de celebración dos Santos Anxos Custodios, patrón do Corpo Nacional de Policía. Ás 12.00 h, misa na Catedral.
19.30 h
No Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza das Praterías), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á conferencia de Manuel Gallego Jorreto “O proxecto do Museo das Peregrinacións e de Santiago”.
20.15 h
Na Casa do Concello, recepción aos membros do Consello xeral da cidadanía no exterior.
VIII SEMANA CULTURAL DE A ROCHA
17.00h Visita guiada ao Museo do Pobo Galego, sección de Artes Gráficas (1.50€ por persoa), e a Imprenta Atlas
Exposición de Artes Gráficas do 25 de Setembro ata o 6 de Outubro. Aberta ao público en horario de martes a sábado de 17.00h a 20.00h.
continúa o Santiago Stock +INFO
TRAFICO
Con motivo da execución de obras pola Brigada de Vías e Obras do Concello, a travesa de Picaños permanecerá cortada ao tráfico, no tramo comprendido entre a rúa de Picaños e a glorieta da rúa das Barreiras, dende o vindeiro xoves, 20 de setembro, ata o 11 de outubro. Durante o período de obras permitirase o paso a residentes e garaxes da zona. O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.
CENTRO DE TRANSFUSIÓN
FACULTADE DE ENFERMERÍA (SANTIAGO)
UNIDADE MÓBIL DIANTE DA ENTRADA PRINCIPAL
09:30 - 14:30
15:30 - 21:00
XUNTA DE GALICIA(SANTIAGO)
UNIDADE MÓBIL DIANTE DA CAFETERÍA
09:30 - 14:30
Ningún comentario:
Publicar un comentario