Silleda - o día 10 comezan as clases de castelan e árabe

O vindeiro mércores día 10 de outubro comezan as clases de castelán e árabe impartidas polo voluntariado na Casa da Xuventude
Os interesados en participar poden achegarse ese día, entre as 11.00 e as 13.00 horas, para informarse
As clases de idiomas impartidas polo voluntariado de Silleda voltan a partir do vindeiro mércores día 10 de outubro. A cita será nas dependencias da Casa da Xuventude, con clases de lingua castelá e árabe. 

Os martes, haberá sesión de árabe para adultos en horario de 16.30 a 17.30 e para nenos e nenas dende as 17.30 ás 18.30 horas. As clases de español terán lugar os mércores e xoves de 11.00 a 13.00 horas. Esta iniciativa está aberta non só á poboación inmigrante, senon tamén a todas aquelas persoas que puideran estar interesadas en aprender novos idiomas. A concelleira de Xuventude, Margarita Campos, explica que para obter máis información sobre esta iniciativa, promovida polo voluntariado de Silleda, as persoas que estén interesadas poden achegarse o vindeiro mércores día 10, día de inicio das sesións, ata a Casa da Xuventude, en horario de 11.00 a 13.00 horas.

Ningún comentario: