Brión mañán rematan as inscricións para a XXX carreira pedestre da Mahia

ÚLTIMOS DÍAS PARA ANOTARSE POR INTERNET NA XXX CARREIRA PEDESTRE DA AMAÍA, QUE CONTA CON 150 ATLETAS E NON ADMITIRÁ INSCRICIÓNS O DÍA DA PROBA
A carreira será controlada mediante cronometraxe electrónica a través dun chip de última xeración
Mañán martes 2 de outubro remata o prazo de inscrición na XXX Carreira Pedestre da Amaia, que se celebrará o vindeiro domingo 7 de outubro. O Concello de Brión lembra que este ano non se admitirán inscricións o mesmo día da proba, polo que aquelas persoas interesadas en participar deberán inscribirse vía internet a través da web municipal (www.concellodebrion.org), antes do vindeiro martes 2 de outubro.

A día de hoxe xa están anotados un total de 150 atletas, aínda que tradicionalmente o número de inscricións dispárase nos últimos días ata superar os 200 ou 250 participantes. Os atletas atoparanse este ano cunha novidade: por primeira vez a proba estará controlada mediante cronometraxe electrónica a través de chip de última xeración. 

Os percorridos son os mesmos que os da edición de 2011: ás 10:30 horas os menores de 12 anos darán dúas voltas arredor da Carballeira de Santa Minia (uns 500 metros) e ás 11:00 horas disputarase a categoría absoluta, de 8 quilómetros de lonxitude. O Concello de Brión repartirá máis de 1.000 euros en premios entre as 13 categorías en disputa. Haberá trofeos e premios en metálico para os 6 vencedores absolutos, 3 homes e 3 mulleres, trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e trofeos o primeiro home e primeira muller en cruzar a meta empadroados no Concello de Brión. 

Ningún comentario: