Silleda - o concello chega a un acordo paara liberar a rúa Renque do Peixe

O goberno silledense consegue que a firma propietaria do edificio inacabado da Bandeira retire por fin o valado de madeira que invadía a Renque do Peixe
-O executivo local, que xa a finais de 2011 tomou cartas para a retirada da grúa e silos, realizou un requerimento á filial da entidade bancaria da que é propiedade o inmoble para que se proceda tamén a reposición das lousas na beirarrúa e o adecentamento da fachado nos baixos
“Por fin, logo de cinco anos con esta rúa ocupada e o perigo que supoñía o estado deste edificio inacabado, fomos de quen de buscar a solución a este conflicto”, engade o concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Cuíña

A rúa Renque do Peixe da Bandeira está xa completamente despexada logo de cinco anos de ocupación co valado, maquinaria e cascallos da obra dun edificio que está sen rematar. “Por fin logo de tanto tempo con esta rúa ocupada e o perigo que supoñía o estado deste edificio inacabado, fomos de quen de buscar a solución a este conflicto”, sinala o concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Cuíña.

O edificio, que ahora pertence á filial inmobiliaria dunha entidade bancaria, está sendo obxecto nos últimos días de distintas actuacións, acometidas pola firma propietaria, despois do requerimento remitido dende o Concello. “Nos últimos meses dende o goberno municipal vimos instando á firma que agora é propietaria do edificio a que retire todos os elementos, o peche e a que deixe a rúa tal e como estaba antes da sobras”, engade Cuíña.

Xa foi retirado o peche de madeira que se atopa en mal estado “e que xa tivo que ser reposto dende o Concello por motivos de seguridade durante as festas da empanada da Bandeira”, engade Cuíña. Tamén nos últimos días se acometeu o tapiado das entradas nos baixos do edificio “outra das cuestións que viñamos reclamando para evitar a entrada de persoas ao interior do edificio e a posibilidade de que se produciran accidentes”, sinala Cuíña, lembrando que a Policía Local xa ten acudido nalgunha ocasión ao lugar ante as chamadas de veciños alertando da presenza de xente no interior do inmoble.

A empresa constructora contratada pola entidade propietaria do edificio da Bandeira tamén retirou os cascallos e refará a beirarrúa. No requerimento do Concello tamén se inclúen ordes para repoñer as baldosas e arranxar a fachada dos baixos, conforme ao recollido no PXOM e ao Código Técnico de Edificación. “Esperamos que afirma propietaria asuma o requerimento e poidamos poñer fin, logo de tanto tempo a este conflicto”, engade o concelleiro de Obras e Servizos.A finais do ano pasado a empresa accedeu, tamén ante a insistencia do goberno municipal, a retirar a grúa que levaba anos alí instalada, silos e unha plataforma de formigón que servía de base ao guindastre. “Dende que tomamos posesión en xuño de 2011, dende o goberno municipal fixemos numerosas xestións para lograr a retirada da maquinaria e outros elementos xunto a un entorno das obras que estaba nun estado lamentable”, sinala. Ademais, neste tramo tamén se celebra a tradicional feira da Bandeira os días 14 e 29, unha celebración que tamén se viu afectada pola situación. “Dende o goberno municipal de Silleda seguiremos traballando na mesma liña ata conseguir que o edificio quede totalmente rematado, xa que logo da ocupación da vía agora queda outra cuestión por resolver: a do feismo urbanístico”, indica o concelleiro.

Ningún comentario: