Ordes - visita a biblioteca dos alumnos de 1ª ESO

Os alumnos de 1º da ESO do IES Nº1 visitan a biblioteca municipal de Ordes
Ordes 1 outubro 2012. Co inicio do novo curso escolar a biblioteca municipal de Ordes emprende un ano máis o seu ciclo de actividades cos centros educativos ubicados no municipio.
Os encargados de abrir esta nova quenda foron os alumnos de 1º da ESO do IES Nº1. Acompañados polo persoal da biblioteca e polas súa titoras realizaron un percorrido polas instalacións do centro, onde comprobaron de primeira man o seu funcionamento e informáronse sobre todos os servizos que se prestan. Todos eles tamén poideron disfrutar da mostra de pintura da artista local Silvia Fraga, que actualmente se expón neste espazo ubicado nos baixos da Alameda.

Ningún comentario: