Os maiores de Ordes xa poden soliciatar as súas vacacións
Andalucía, Comunidad Valenciana, Cataluña, Murcia, Baleares, Canarias ou circuitos culturais e de natureza son as opcións para esta quenda
O Concello de Ordes materá aberto o prazo de inscrición do seu programa de vacacións para adultos ata o próximo 1 de decembro. Aqueles que se apunten por primeira vez deberán de facelo ata o día 9 deste mes. Este ano os interesados poderán escoller entre distintos puntos da Península, como son Andalucía, Murcia, Comunidad Valenciana ou Cataluña. Tamén se pode optar ós territorios insulares de Baleares e Canarias, así como a Portugal ou a circuitos culturais e de natureza en diversos puntos de España.
É requisito para poder optar a unha das prazas ter cupridos 65 anos de idade ou ben ser pensionista de viuvez maior de 55 anos. Tamén poderán solicitalo os pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados con 60 anos cumpridos. Todos os trámites levaranse a cabo no departamento de Servizos Sociais. Para obter máis información disponse do teléfono 981 680 002
Ningún comentario:
Publicar un comentario