11.00 h Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe a Sir Anthony James Leggett, Premio Nobel de Física 2003.
12.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Campionato de España de Judo.
12.00 h Na Cidade da Cultura (Torres Hejduk), a concelleira María Castelao asiste á inauguración da exposición Emoción-Razón: a gran dualidade, de Ramón Conde.
12.30 h Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.
17.00 h Na Almáciga, a concelleira de Educación, María Castelao, visita o CEIP Santiago Apóstolo.
20.00 h No salón de actos do Colexio A Estila, a concelleira de Educación, María Castelao, asiste ao acto de entrega de bolsas do curso 2012-2013.
20.00 h No Auditorio Novagalicia Banco, rúa Preguntoiro, 23, conferencia de Sir Anthony James Leggett, Premio Nobel de Física 2003, baixo o título Why can't time run backwards?* (Por que non pode ir o tempo cara atrás?), dentro do programa ConCiencia.
CORTES DE TRÁFICO
Con motivo das obras de canalización para unha acometida de auga á altura do número 66 da rúa Sarela de Abaixo, é preciso pechar ao tráfico este vial o mércores 6 de marzo durante todo o día. Os residentes do nº 111 ata o nº 66 farán a entrada e a saída por Bar de Arriba e dende o nº 11 ata o nº 66, por Sarela de Abaixo.
Con motivo das obras de canalización de gas pecharase ao tráfico a entrada ao barrio de Cornes pola rúa Escultor Camilo Otero dende o mércores 27 de febreiro ata o xoves 7 de marzo. A entrada e saída do barrio farase pola avenida de Vilagarcía.
UNIDADES DO CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE SANGUE
UNIDADES DO CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE SANGUE
15025 I.E.S. LAMAS DE ABADE(SANTIAGO)
UNIDADE MÓBIL DIANTE DO INSTITUTO
09:30 - 14:30
16:00 - 21:00
Santiago 20.30 h Microteatro na Regadeira de Adela. Primeiro asalto da obra "Faust Box" de UT-Tópico Teatro, que poderá verse completa no Teatro Principal no mes de abril. +INFO
Santiago - 20.00 h No Teatro Principal, o humor de Miguel Lago co monólogo 'Soy un miserable', dentro do ciclo 'Falabaratos'. Miguel Lago é premio ‘Cómico do ano de Paramount Comedy 2011-2012’.
EXPOSICIÓNS
Ningún comentario:
Publicar un comentario