Stop Desahucios - roteiro polas sucursáis do Banco Popular

ROTEIRO POR SUCURSAIS DO BANCO POPULAR CONTRA O AUMENTO DOS DESAFIUZAMENTOS
• Actualmente, a plataforma traballa con catro familias afectadas por hipotecas do Popular-Pastor.

• O martes 5 convócase un roteiro polas sucursais desta entidade para manifestar a urxencia de resolución destes casos

 Nos últimos dous meses estamos vendo un aumento alarmante das persoas afectadas por hipotecas do Banco Popular-Pastor, fusionado en 2011. A día de hoxe, falamos concretamente de catro casos que están en período de negociación mais cuxa urxencia aumenta día a día.

A pesar das accións de apoio da plataforma, a situación segue a ser moi complicada para estas persoas, xa que os ritmos aos que se moven os bancos e as institucións non son todo o rápidos que a situación esixe. Esta parsimonia por parte das entidades bancarias e dos poderes públicos fai cuestionar o dereito cidadán a unha vivenda digna.

Co fin de axilizar os trámites e atopar unha solución definitiva para estes casos, dende Stop Desahucios Compostela convocamos á cidadanía a unirse ao Roteiro Popular, que dará comezo ás 10.30h na Praza de Vigo.

Atenderemos aos medios de comunicación ás 12:00h dende a sucursal do Banco Popular situada na rúa Fonte de Santo Antonio (esq. Concepción Arenal).

Pola dación en pago retroactiva, o alugueiro social e a moratoria de desafiuzamentos XA.

Polo dereito á vivenda, XUNTAS PODEMOS!!

Ningún comentario: