Todo listo en Mesón do vento para acoller a milleiros de persoas con motivo da XV Feira do lacón con grelos
Este ano celebrarase unha mostra morfolóxica de gando vacún da comarca. Tamén se exporán mulos e exemplares traídos expresamente dende Holanda
Un ano máis a localidade de Mesón do Vento, na parroquia ordense de Ardemil, acollerá a tradicional Festa do lacón con grelos, que este ano xa vai pola XV edición. Unha cita terá lugar hoxe sábado e mañán domingo no recinto feiral, e coa que se pretende exaltar un dos pratos máis importantes e característicos do receitario da zona.
Máis de media ducia de explotacións gandeiras vidas de concellos como Abegondo, Culleredo, Frades, Carral ou Ordes entre outros teñen confirmada a sús presenza. Ademáis tamén se exporán exemplares de mulos o mesmamente de vacas frisonas adicadas á producción de leite e vidas directamente dende Holanda para a ocasión. Tamén como novidade este ano haberá unha mostra morfolóxica de gando vacún da comarca de Ordes, a cal se levará a cabo no primeiro día de celebración a partir das 16.30 horas. A xornada dará comenzo a partir das 10 horas coa apertura do recinto, que acollerá unha gran exposición de gando e unha ampla exposición de maquinaria agrícola. Ese mesmo día, tanto ás 14 como ás 20 horas, tamén haberá tempo para a festa a música e o baile coa sesión vermouth e a verbena nocturna que estará amenizada por un conxunto musical.
A xornada do domingo comenzará á mesma hora. Pouco despois comenzarán a repartirse as primeiras racións de lacón con grelos nos distintos establecementos da zona. Unha degustación que coincidirá cunha concentración moteira organizada polo clube Biela Queimada. Ademais do aspecto culinario esta xornada tamén virá marcada pola competición, xa que a partir das 12 horas desenvolverase a proba de andadura federada galega de 2 e 4 tempos. Novamente a partir das 15.30 horas disputarase a carreira de trotóns. En ambos casos este ano os premios oscilan entre os 120 euros para o primeiro clasificado e os 30 euros do quinto. As probas de trote libre darán comenzo ás 16.30 horas con 80, 50 e 30 euros en premios, para concluir ás 17 horas coas probas de arrastre de gando común. Ao igual que o día anterior a música en vivo e o baile marcarán esta xornada de festa tanto a mediodía como a última hora da tarde.


Ningún comentario:
Publicar un comentario