O CIM de Silleda impulsará unha campaña nas redes sociais ao longo do mes de marzo sobre a muller traballadora
Baixo o lema “Creadoras”, realizaranse gravacións con mulleres do municipio, falando sobre distintas cuestións de xénero e a súa actividade.
O Centro de Información á Muller (CIM) de Silleda, con motivo do Día Internacional da Muller que se celebra pasado mañá venres, realizará ao longo deste mes unha iniciativa nas redes sociais para difundir o traballo e opinión de distintas veciñas do municipio. Dende o departamento coordinarase a realización de vídeos con imaxes e tamén mensaxes para facer visibles ás mulleres silledenses, transmitindo tamén a cultura do pobo de Trasdeza. “Coñeceremos as súas formas de producir arte, de manufacturar obxectos, a súa participación nas distintas industrias ou as formas en que colaboran na organización da vida en común”, explica a directora do CIM, Carme Miranda.
Artistas, artesanas, gandeiras…falarán sobre igualdade de xénero, o poder da arte, a responsabilidade social da muller…Os traballos iranse subindo ás redes sociais e ao blog do cim (cim.silleda.blogspot.com), onde xa se atopa información sobre esta iniciativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario