O CONCELLO DE FRADES PON EN MARCHA UN SISTEMA DE ENVÍO DE INFORMACIÓN MUNICIPAL POR E-MAIL
O Concello de Frades vén de poñer a disposición dos seus veciños e veciñas un novo servizo de información municipal a través de correo electrónico. Deste xeito, os veciños e veciñas que o desexen estarán puntualmente informados no seu e-mail de todo o que acontece no municipio: cursos de formación, actividades sociais, actos culturais, actividades deportivas...
Para participar, só é preciso encher un formulario na páxina web do Concello de Frades (www.concellodefrades.es) indicando o nome e apelidos e a dirección de e-mail na que desexa recibir a información. Un paso que tamén pode realizar presencialmente na Casa do Concello de Frades. En ambos casos, o Concello de Frades, de acordo coa Lei de Protección de Datos, comprométese a que esa información facilitada só será utilizada para o envío de información municipal por e-mail e a que o veciño poderá rectificar ou cancelar o envío en calquera momento con só presentar un escrito, convintemente identificado, na propia casa consistorial
Ningún comentario:
Publicar un comentario