UT·Tópico Teatro 'Faust Box' Primeiro asalto
Microteatro Na Regadeira de Adela
O Fausto de Goethe expresa con total claridade a dualidade do ben e o mal e ó individuo como unha bifurcación na cal hai que escoller. A maldade de Fausto habita en Mefistófeles, un individuo (servo do demo) que o acompaña permanentemente e que cumpre as súas vontades. Fran Godón, establece un punto de partida similar: un individuo é situado diante dun ser que parece representar todo o sucio da súa existencia. Un Fausto que parece non lembrar nada do que ten sucedido e unha especie de demo que vén reclama-lo que considera que lle corresponde.
Un corpo xace no chan ante a mirada impasible dun home que agarda. Un son de campá e todo se acelera. Un espazo claustrofóbico, o tempo detido, dous corpos enfrontados e moitos recordos por aclarar. Esta é a presentación deste primeiro asalto en forma de microteatro do 'Faust Box' de Ut-Tópico Teatro que poderemos ver en A Regadeira de Adela mércores 6, xoves 7 e venres 8 de marzo e que veremos con todos os seus asaltos no Teatro Principal no mes de abril.

Ningún comentario:
Publicar un comentario